Incorpora, o programa de integración laboral de La Caixa diríxese a persoas con discapacidade, parados de larga duración, inmigrantes e vítimas de violencia de xénero, entre outros colectivos.

APETAMCOR asinou hoxe un acordo de colaboración con   APES, IGAXES3 e “La Caixa”  que ten como obxectivo fomentar a integración laboral de persoas con especiais dificultades para acceder a un posto de traballo e á súa vez promover accións de responsabilidade social no marco do programa Incorpora de “La Caixa”.

Participaron no acto de sinatura do convenio o director de CaixaBank en Ourense, Javier Pereira Fernando Garza; o Coordinador Xeral de APETAMCOR, Alberto Vila; a Presidenta da Asociación para a prevención e a educación social – APES, Susana Pérez e en representación do Grupo Incorpora Galicia, de IGAXES3, Deibe Simo.

Este acordo procura fomentar a contratación de persoas en situación de vulnerabilidade social e risco de exclusión, xerando alianzas e o traballo conxunto entre entidades sen fin de lucro comprometidas coa responsabilidade social.

Neste contexto APETAMCOR toma parte deste labor favorecendo o traballo en rede, xerando unha sólida relación bidireccional entre as entidades, coordinando as necesidades de contratación das empresas do sector do transporte e desenvolvendo proxectos formativos destinados á cualificación destes colectivos de difícil inserción neste sector.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *