Aberto o prazo ata 31 de xaneiro para a tramitación da instancia que dá dereito a participar na 1ª convocatoria de probas de 2019 prevista para esta primavera. A 2ª convocatoria ficará para o outono e as instancias deberán tramitarse no mes de agosto.

Probablemente, estas serás as últimas convocatorias ás que se poderán presentar persoas que non acrediten estudos previos de Formación Profesional ou Bacharelato. Ademais, coa entrada en vigor do Regulamento de Ordenación do Transporte Terrestre, o xestor de transporte deberá estar vinculado a xornada completa á empresa transportista.

O 19 de xaneiro comezarán os cursos preparatorios para esta 1ª convocatoria organizados por APETAMCOR en Ourense, Santiago, Lugo, O Porriño e Pontevedra.

O DOG de 8 de xaneiro de 2019 publicou a Resolución de 28 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (antiga Capacitación Profesional) para o presente ano 2019, segundo o seguinte calendario:

  • 1ª convocatoria: Entre o 30 de marzo de 2019 e o 2 de xuño de 2019.
  • 2ª convocatoria: Entre o 5 de outubro de 2019 e o 1 de decembro de 2019.

Como é habitual, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos que reco

lle a convocatoria para presentárense ás probas poderán facelo a calquera das convocatorias, ou ás dúas sucesivamente; igualmente, en calquera delas poderán presentarse á modalidade de xestor de transporte para empresas de transporte de mercadorías por estrada e á de xestor de transporte para empresas de transporte de persoas viaxeiras por estrada, ou só a unha delas.

Prazos instancias

O prazo para a tramitación das instancias que dan dereito a participar na 1ª convocatoria finaliza o 31 de xaneiro. Para participar na 2ª, abrirase o prazo o 1 de agosto e finalizará o 2 de setembro de 2019.

Arrancan os cursos preparatorios

O sábado 19 de xaneiro darán comezo en Ourense, Santiago, Lugo, O Porriño e Pontevedra os cursos preparatorios organizados por APETAMCOR para os aspirantes que desexen presentarse á 1ª convocatoria de 2019.

Cambios relevantes que prevé o novo R.O.T.T. para o Xestor de Transporte

Se finalmente nas próximas semanas se aproba o Regulamento de Ordenación dos Transportes Terrestres (ROTT), tal como ten previsto o Goberno, sen modificar o que se recolle no borrador deste ROTT feito público hai uns meses, a figura do Xestor de Transporte na empresa transportista sufrirá os seguintes cambios de relevancia:

  • Será requisito indispensable acreditar estudos previos de Formación Profesional de Grao Medio ou Bacharelato para poder obter o título de Xestor de Transporte. Por tanto, con toda probabilidade estas dúas convocatorias de 2019 serán as últimas ás cales as persoas aspirantes non precisarán acreditar estudos previos para poder presentarse as probas de competencia profesional.
  • O xestor de transporte deberá estar vinculado a xornada completa coa empresa transportista (sexa autónomo ou sociedade), coa excepción dos autónomos que teñan contratado na actualidade un capacitado. Se o capacitado é socio en máis dun 15% da sociedade tamén deberá estar de alta na Seguridade Social no réxime que corresponda.
  • A empresa transportista poderá estar sen xestor un máximo 3 meses e só por morte ou incapacidade física.
  • Cada ano de non visado controlarase ao 25% das empresas que teñan dado de alta a un xestor de transporte.
  • O autónomo xa non deberá posuír necesariamente o título ao seu nome, é dicir, poderá contratar (a xornada completa) a alguén que aporte o título. Se é cónxuxe, tamén deberá estar dado de alta na Seguridade Social no réxime que corresponda.
Xestor-Tpte-1ª-conv-2019