Desde o Ministerio de Fomento infórmannos que o Consello de Ministros do venres 8 ou 15 de Febreiro aprobará o texto definitivo do novo Regulamento de Ordenación dos Transportes Terrestres (ROTT)

para a continuación publicarse no BOE aos poucos días, entrando en vigor ao día seguinte da súa publicación.

As novidades fundamentais son:

  • A desaparición da tarxeta de transporte en formato físico, polo que no próximo visado xa non se outorgarán novas tarxetas.
  • O visado realizarase de oficio pola Administración.
  • Entenderase que se cumpre coas obrigas tributarias e laborais se non se detectan débedas coa Axencia Tributaria do Estado ou coas Comunidades Autónomas, e coa Seguridade Social.
  • cambio de domicilio da empresa transportista deberá notificarse, xa que en caso contrario entenderase que perdeu o requisito de establecemento.
  • Esixirase tamén dispoñer de correo electrónico.
  • Mantense o requisito de antigüidade inicial máxima (5 meses), podendo aportarse o vehículo en propiedade, leasing ou arrendamento.
  • No tocante á variación da frota (ampliación ou substitución), mantense finalmente o requisito de antigüidade media de 6 anos.
  • Mantense tamén a transmisión de autorizacións de transporte, pero o adquirinte debe adquirir tanto a autorización como os vehículos que posuía o transmitinte.
  • En materia de notificación de sancións de forma telemática, obrígase ás Comunidades Autónomas a utilizar a plataforma tecnolóxica do Ministerio de Fomento, co que se evita a actual dispersión de plataformas de notificación.
  • O xestor de transporte (antigo capacitado) deberá estar vinculado laboralmente á empresa transportista a xornada completa e no grupo 3 de cotización como mínimo, excepto en caso de ser o propio autónomo ou ben familiar ata segundo grao de consanguinidade, ou en caso de sociedades nas que o xestor posúa alomenos o 15% do capital social, debendo neste caso estar dado de alta no réxime de Seguridade Social que corresponda en función da súa participación no capital social.
  • Establécese un réxime transitorio para as situacións actuais de aportación da capacitación: os autónomos ou sociedades que na actualidade teñan contratado un capacitado poderán seguir na súa actual situación de vinculación laboral ou mercantil durante 2 anos.
  • Os novos sistemas de exames individualizados e por vía telemática para a obtención do título de competencia profesional (capacitación) non se aplicarán ata xullo de 2020, polo que ata esa data os exames seguiranse facendo como ata agora. Non obstante, o requisito de nivel académico mínimo (FP ou bacharelato) esixirase desde que entre o vigor o ROTT.
  • A perda de honorabilidade non se aplicará ata que non se dite resolución expresa polo Director Xeral de Transporte da Comunidade Autónoma onde resida a empresa transportista, indicando que tal perda é proporcionada.
  • A capacidade económica xustificarase no caso de autónomos cando todos os vehículos que posúa en propiedade, leasing ou renting non superen os 12 anos.

 

 

 

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *