A PESTE PORCINA AFRICANA (PPA) é unha enfermidade vírica que non produce infección nas persoas. Afecta aos porcos domésticos e xabarís por contacto directo con porcos ou xabarís infectados pero tamén por contacto con vehículos, equipos ou persoas contaminadas.

A PPA é altamente preocupante en toda a Unión Europea (actualmente está presente en Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Romanía, Hungría, República Checa, Bulgaria e Bélxica) así como en países asiáticos e africanos.tamén por contacto con vehículos, equipos ou persoas contaminadas.

Ademais da fonte de contaxio por vía directa a través do comercio de gando porcino infectado, existe unha vía indirecta de introdución e difusión do virus, a través de produtos cárnicos de consumo humano de porco ou xabaril contaminados, que se non son eliminados adecuadamente impedindo o seu consumo por porcos ou xabarís, poden producir a aparición da enfermidade en calquera punto do noso territorio. En relación con esta vía indirecta de introdución a través de produtos de consumo humano, cobran especial importancia os transportes con orixe, destino ou tránsito nos países afectados. Nestes supostos é altamente aconsellable non introducir estes produtos de consumo humano no noso territorio.

A Consellería do Medio Rural ten establecido medidas de reforzo preventivas da introdución desta enfermidade en Galicia, baseadas fundamentalmente na evitación ou diminución de realizar transportes de gando porcino procedentes dos citados países de risco así como extremar as condicións de limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de gando tanto en orixe como en destino.

MEDIDAS PARA REDUCIR O RISCO DE CONTAXIO DESDE REXIÓNS AFECTADAS POR PPA:

Evitar o contacto  Evitar o contacto directo ou indirecto con porcos domésticos e xabarís de países afectados por PPA.  Evitar ou minimizar os movementos de animais porcinos con orixe nos países ou     territorios afectados.

Se tiveches contacto con porcos domésticos ou xabarís  De países afectados por PPA, limpar e desinfectar axeitadamente a roupa e calzado utilizados, e evitar o contacto con porcos domésticos durante,   polo menos, 72 horas desde a túa chegada a España.

Evitar traer carne e/ou produtos cárnicos frescos ou curados desde países afectados.

Limpeza e Desinfección  Cumprir  cos protocolos establecidos pola normativa, sempre inmediatamente despois de descargar animais e antes de realizar unha nova carga.

Control oficial de vehículos Están establecidos controis  oficiais de vehículos de países considerados de risco.

Inspección visual e documental O operador comercial ou titular da explotación que recibe os animais debe asegurarse das condicións de limpeza e desinfección dos vehículos que chegan á súa     explotación.

Debe realizar unha revisión documental e visual destas condicións dos vehículos a súa chegada.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *