PORTUGAL ADOPTA MEDIDAS RESTRITIVAS

O Goberno de Portugal declarou o estado de alarma o pasado 18 de marzo de 2020, adoptando un conxunto de medidas para evitar a propagación do coronavirus. Entre todas esas medidas está a de restrinxir a circulación de vehículos en todo o país salvo excepcións, coma é o caso do transporte de mercadorías por estrada, pero establecendo fronteiras de cruce limitadas para os camións.

➔ PUNTOS AUTORIZADOS DE CRUCE DE FRONTEIRA TERRESTRE
Co obxectivo de organizar de xeito adecuado o transporte internacional e garantir o control de acceso a tráves das súas fronteiras, as autoridades portugesas estableceron que, entre o 16 de marzo de 2020 e as 12 horas do día 15 de abril de 2020, os puntos autorizados de cruce da fronteira serán os seguintes:

  • Valença-Viana do Castelo, saída da conexión da Ponte de Tui-Valença-IP 1-A 3 (Valença).
  • Vila Verde da Raia-Chaves, saída A 52 (conexión ca A24- km 0).
  • Quintanhila-Bragança, saída Ponte Internacional IP4 / E82 (saída Quintanhila na N-218-1 Quintanhila).
  • Vilar Formoso-Guarda na liña fronteiriza Largo da Fronteira (N16 / E80, conexión Fuentes de Oñoro, incluído o acceso a través do parque TIR – N16 en Vilar Formoso).
  • Tremas de Monfortinho-Castelo Branco (cruce entre N239 e N240).
  • Marvaao-Portalegre (línea fronteiriza de Marvao na N521 conexión entre Valencia de Alcântara e IC13 Marvao).
  • Caia-Elvas (saída A6 km 158 xunto á Oficina de turismo de Elvas).
  • Vila Verde de Ficalho-Beja (línea fronteiriza conexión A495 Rosal de la Frontera e IP8 Serpa).
  • Castro Marim.Praça da Fronteira (km 131 de la A22 – Ponte Internacional Guadiana Castro Marim).

➔ DECLARACIÓN-CUESTIONARIO DO SERVIZO DE EXTRANXEIROS E FRONTEIRAS
As autoriades portugesas poderán introducir controis de saúde e solicitar que se cumprimente unha Declaración de Saúde conforme ao modelo establecido polas autoridades competentes, e cuxa cumprimentación polo de agora non é obrigatoria pero sí recomendable.

➔ FLEXIBILIZACIÓN DOS TEMPOS DE CONDUCIÓN
Para facilitar a circulación de bens transportados por estrada, o Goberno portugués comunicou á Comisión Europea a flexibilización dos tempos de condución e descanso, quedando eliminado o límite de condución diaria e descanso semanal entre o 23 de marzo e o 6 de abril de 2020.

ITALIA ESIXE AOS CONDUTORES UNHA DECLARACIÓN DE SAÚDE

O Ministerio de Transportes de Infraestructura de Italia estableceu medidas de autoaillamento dirixidas a todas as persoas que accedan a Italia por calquer medio (aéreo, marítimo ou terrestre), e que conlevan ser sometidos a un período de cuarentena de 14 días. Así e todo, e debido ao carácter esencial e prioritario que leva a cabo o transporte de mercadorías por estrada, esta regulación contempla un conxunto de medidas específicas dirixidas aos
transportistas e condutores para a súa entrada en Italia, sen estar obrigados a someterse ao período de cuarentena.
Con todo, todos os transportistas ou condutores de empresas que non teñan a súa sede en Italia e que entren e dito país no desenvolvemento da actividade de transporte de mercadorías por estrada, deberán cumprimentar o formulario de Declaración Sanitaria como requisito imprescindible para poder entrar no país. Esta declaración, asinarase á chegada á fronteira e ante a presenza dun axente da policía de fronteira. Este documento, que deberá presentarse ás autoridades de control, garante que ademais o transporte se realiza baixo as seguintes condicións:

  • Só se permitirá o acceso por necesidades de traballo concretas e comprobadas polos axentes de control.
  • A duración máxima da actividade será de 72 horas, a non ser que se xustifique a súa ampliación por circustancias excepcionais, en cuxo caso poderá ampliarse en 48 horas máis.
  • Cada persoa deberá presentar unha Declaración mediante a que se certifique que a entrada a Italia ten lugar exclusivamente para a realización dunha actividade concreta, e cuxa duración máxima será a nomeada anteriormente.
  • Asúmese a obriga de avisar inmediatamente á autoridade sanitaria competente da Rexión na que a persoa se atope, no caso de que presenten síntomas compatibles co COVID-19.

A continuación, achéganse os modelos de declaración de saúde/sanitaria de Portugal e Italia: