Alemaña obrigada a devolver unha parte das peaxes pagadas a camións nos tres últimos anos

  • No cálculo do importe das peaxes non debe incluirse máis que o custe da infraestrutura, así o establece a Directiva europea sobre a Euroviñeta. Como Alemaña incluíu tamén o custo da policía de tráfico no importe final da peaxe, está na obriga de devolver o exceso aos/ás transportistas que o reclamen.
Alemaña incumpriu a Directiva Europea Euroviñeta

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditaminou o 28 de outubro de 2020, que o nivel da peaxe dos camións en Alemaña é contrario á Directiva europea sobre Euroviñeta. Segundo a sentenza deste Tribunal, Alemaña tivo en conta os custos da policía de tráfico ao calcular a peaxe, o que non está permitido pola lexislación da Unión Europea, xa que esta establece que no cálculo da peaxe só deberían terse incluído os custos da infraestrutura.

Ábrese a porta a reclamar a devolución parcial (alomenos un 4%)

En consecuencia, todos os/as transportistas que tiveran pagado a peaxe alemana teñen dereito a un reembolso da República Federal Alemana de, alomenos, a parte da peaxe que se basou nos custos da policía de tránsito pagada nos anos de 2017 a 2020 (o período de prescrición son tres anos). Segundo estimacións actuais, a reclamación de reembolso ascendería alomenos ao 4% da peaxe pagada. Pero o cálculo da porcentaxe real non está definido, polo que a reclamación podería ser superior ao 4%.

Por outro lado, é sumamente complicado e custoso presentar unha reclamación de forma individual directamente ante as autoridades alemanas. Por iso, desde a organización europea UETR, da que forma parte FENADISMER, infórmannos que o Fondo de Litigación internacional E-Claim, en colaboración co despacho xurídico Hausfel, puxo en marcha un servizo de reclamación colectiva, cuxa
inscrición é totalmente gratuíta, detraendo logo unha comisión en función da indemnización que se obteña.

Por iso, recoméndase a todos aqueles/as transportistas que circularon por Alemaña estes últimos 3 anos, realicen un cálculo aproximado da peaxe abonada neste trienio e calculen o seu 4%, co fin de estimar se a cantidade a reclamar é suficientemente relevante para proceder a formalizar a súa reclamación.
A inscrición a dita reclamación colectiva debe facerse antes do próximo 4 de Decembro. Pode consultarse toda a información na seguinte ligazón (en español):
https://www.mautzurueck.de/es/home-es