Mañá venres 17 de Abril, iníciase o servizo de entrega de comida preparada para levar na cafetería do «Hotel San Cibrao», anexa á estación de servizo Staroil > ver no mapa.
Servizo autorizado pola Subdelegación do Goberno de Ourense, baixo a iniciativa de Apetamcor:
- Dirixido a: condutores, repartidores e demais traballadores móbiles.
- Horario inicial do servizo: Luns a Venres de 08:00 a 16:00 horas
- Menú para levar: Incialmente só se ofrecerán bocadillos quentes e fríos, bebidas en lata e café, malia que posiblemente se poida ofrecer nos vindeiros días un menú do día ou pratos combinados.
- Reserva con antelación: Recomándase facer os pedidos no Tlf. 988 611 067, a fin de evitar esperas.
Consulta aquí o menú e prezos: consultar menú