Apetamcor continúa apoiando o paro por votación democrática dos seus socios/as

O sábado 26 de marzo, en Asemblea Extraordinaria realizada nas catro sedes que a Asociación ten en Galicia, tivo lugar a votación democrática dos socios/as de Apetamcor sobre a continuidade do paro do transporte.

Como xa se informou, o resultado da votación foi o seguinte:

  • Apetamcor Ourense (votaron 56 persoas)
    • A favor do paro: 22
    • En contra do paro: 29
    • NS/NC: 3
    • En branco: 2
  • Apetamcor O Porriño (votaron 59 persoas)
    • A favor do paro: 27
    • En contra do paro: 27
    • NS/NC: 4
    • En branco: 1
  • Apetamcor Santiago de Compostela (votaron 66 persoas)
    • A favor do paro: 39
    • En contra do paro: 23
    • NS/NC: 4
  • Apetamcor Lugo (votaron 7 persoas)
    • A favor do paro: 5
    • En contra do paro: 1
    • NS/NC: 1

De acordo co resultado das eleccións, Apetamcor continúa secundando o Paro, pero respecta a liberdade dos socios/as que queiran traballar.

Polo tanto, ao respecto das declaracións do Presidente que se publicaron este domingo no xornal «La Región» confirmamos que non son certas e entendemos que foi un erro do xornal á hora de transmitir a información.

Importante: Apetamcor non representa aos socios/as que cometan actos vandálicos.