Apetamcor e ABANCA deseñan novas opcións de crédito para mellorar as condicións dos traballadores do sector do transporte

24 de noviembre de 2022.- ABANCA e a Apentamcor (Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia) veñen de renovar o seu acordo de colaboración co foco posto nunha mellora das opcións de crédito e, en xeral, do sector.

O convenio foi asinado este xoves en Ourense polo director de zona de ABANCA en Ourense Centro, Enrique Manuel Romero, e a secretaria xeral de Apetamcor, Myriam Otero. Durante a rúbrica, ambos representantes conversaron sobre os retos aos que se enfronta actualmente o sector e consolidouse, unha vez máis, o compromiso que a entidade financeira mantén co comercio e o transporte da comunidade autónoma.

O acordo detalla a posta a disposición dos transportistas dunha serie de produtos e servizos financeiros que lles permitirán cubrir as súas necesidades coas mellores condicións. Desta forma, contarán con produtos deseñados especificamente para mellorar as condicións dos traballadores. Así mesmo, ABANCA tamén ofrece unha serie de préstamos e outras opcións de financiamento, como pólizas de crédito, leasing mobiliario e inmobiliario, avais, confirming e liñas de desconto comercial. A oferta do banco tamén inclúe melloras na contratación de dispositivos TPV físicos e virtuais.

Durante o encontro, o representante de ABANCA trasladou o seu apoio e compromiso co sector do transporte, especialmente mediante a xestión de axudas europeas e canalización de proxectos que poidan optar aos fondos de recuperación Next Generation. Así, o banco conta cunha unidade específica para asesorar aos clientes sobre estes recursos.

A maiores, ABANCA reforza o seu compromiso co sector a través do apoio ás necesidades actuais dos asociados mediante a activación das liñas de financiamento oficiais do organismo público ICO e as SGR galegas. Os transportistas galegos terán tamén acceso ás vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos do día a día e dos profesionais do sector.

O documento completo pódese consultar no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/1xwP8f2eXC4PIx26PWQhObDNyuGz-yMsQ/view?usp=sharing