O Servizo de Prevención Mancomunado SPM-APETAMCOR, pon a disposición dos seus asociados máscaras, luvas e xel de protección para o COVID-19.

O obxectivo desta iniciativa, é cubrir as necesidades que os profesionais do sector do transporte precisan para o desenvolvemento da súa actividade de forma segura, ante a pandemia sanitaria provocada polo coronavirus.

Máscaras Cirúrxicas 3 capas (Provedor: Xunta de Galicia)

Luvas de Protección de NITRILO AZUL – NITRIFLEX (100 uds/caixa)

Xel Hidroalcólico Desinfectante de mans

(botella 1/2L)

Apetamcor realizará envíos a domicilio destos equipos de protección, segundo a demanda de cada asociado, e proverá ata fin de existencias:

  • Máscaras Cirúrxicas desbotables: Máscaras de protección desbotables homologadas, e providas pola Xunta de Galicia. Trátase dun produto sanitario (PS) que cobre alomenos nariz e boca, proporcionando unha barreira para minimizar a transmisión de axentes infecciosos da persoa que a leva posta. Adicionalmente, proporciona protección fronte a salpicaduras de fluídos potencialmente contaminados. Ver recomendacións de uso > aquí.
  • Luvas de NITRILO AZUL – NITRIFLEX desbotables: Grazas ao nitrilo, estas luvas síntense máis naturais que as de vinilo ou látex, sendo máis cómudas de usar durante largos períodos. Ademais, son a mellor opción para a constitución alérxica. Ver recomendacións de uso > aquí.
  • Xel Hidroalcólico Desinfectante de Mans: O seu tamaño é idóneo para o seu transporte en cabina, e é eficáz para facer fronte a todo tipo de mircroorganismos.

Dende Apetamcor insístese na necesidade de facer un uso racional e responsable destes equipos de protección, na medida do posible, para alargar a súa vida útil. Isto é, lamentablemente son un ben escaso nas actuais circunstancias.

Para máis información sobre os equipos de protección e cómo realizar o pedido, facilítanse os números de teléfono: 988 254 200, 981 574 922, 986 342 233, 982 256 109.

Non eres socio/a? Tan só terás que cumprimentar o seguinte formulario, e Apetamcor poñerase en contacto contigo para poder concertar a túa inscrición.