Apetamcor solicita a exención do 45% de impostos actuais sobre o gasóleo para a supervivencia do transporte profesional

  • Apetamcor considera urxente que o Goberno aprobe medidas extraordinarias para o transporte de mercadorías por estrada. O sector do transporte, como servizo público e prioritario na cadea loxística, reclama
    apoio ás Administracións e exencións fiscais para minimizar os efectos derivados da suba do prezo do carburante.
  • A grave situación que se prevé no noso país esixe que todos os axentes económicos se comprometan ó máximo para facer fronte aos impactos da crise enerxética. É precisa unha xestión da crise de prezos por parte do Goberno e a súa traslación ao conxunto da economía.

Os impostos do Goberno sobre o gasóleo son de case un 45%

O sector do transporte profesional, gravemente afectado, solicita medidas urxentes que alivien a súa situación baixo o amparo da súa condición de servizo público.

E é que, os máis de 100.000 transportistas que actualmente operan en España enfróntanse a unha situación económica máis ca crítica.

O prezo do gasóleo sen impostos ronda o 1,10€ / litro.

Segundo os últimos datos estatísticos que aporta o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, o prezo do carburante soporta un 45% de cargas impositivas. Polo que, se se aplicasen exencións fiscais neste mercado, o prezo medio do gasóleo sería de aproximadamente 1,10 € / litro libre de impostos.

Se a isto sumamos o desmesurado incremento no prezo do carburante, de case un 50% nos últimos meses, coas trabas que atopan os transportistas á hora de poder repercutir a suba do gasóleo nos seus clientes, atopámonos cunha situación crítica que imposibilita o desenvolvemento da súa actividade profesional.

Solicitamos ao Goberno a exención fiscal

O sector do transporte, como sector estratéxico e esencial para o funcionamento da cadea de produción e o desenrolo da economía (tal e como quedou demostrado na crise da COVID-19 co seu exemplar compromiso social) reclama apoio das Administracións para poder seguir traballando dignamente.

De non adoptarse solucións urxentes por parte do Goberno nestes próximos días, o sector do transporte de mercadorías por estrada verase abocado a curto prazo a un colapso total e paralización da actividade ao non poder absorber estes incontrolados incrementos dos seus custos de explotación, derivando nunha crise maior que rompería a cadea de producción ante a imposibilidade de abastecer os mercados.