Aragón esixe un certificado aos transportistas para poder cear nas áreas de servizo

  • Esta medida forma parte dun conxunto de restricións aprobadas este luns polo Goberno de Aragón, polo que se restablece o nivel 3 de alerta sanitaria pola COVID-19.
En vigor dende o 5 de Xaneiro

Os establecementos de hostalaría e restauración situados en estacións ou áreas de servizo e en polígonos industriais, poderán desenvolver a súa actividade conforme ao seu horario habitual. Así e todo, a partir das 20:00 horas serán de uso exclusivo por parte dos/as transportistas e traballadores/as desprazados/as.

Para tal fin, dende o 5 de Xaneiro estase esixindo aos/ás transportistas e traballadores/as desprazados, que presenten previamente unha Declaración responsable xustificativa da súa actividade para poder acceder a estos establecementos a partir das 20:00 horas.

Modelo de Declaración Responsable

Os/as transportistas profesionais de mercadorías deberán previamente presentar unha declaración responsable, conforme a un modelo recollido nunha Orde da Consellería de Sanidade. Este modelo, está presente na última folla da Orde SAN/1/2021, de 4 de enero, e pode descargarse premendo aquí.

En caso de non cumprir con este requerimento, tanto o establecemento coma o cliente poderán ser sancionados.