Desde o 7 de xullo poden solicitar Cita Previa para vacinarse da COVID-19 os transportistas e condutores maiores de 50 anos
- Este mércores ponse en marcha en Galicia o sistema de Cita Previa (Autocita), ao que inicialmente só poderán acollerse os maiores de 50 anos que non puideron facelo cando foron citados polo SERGAS.
Por que por agora só os maiores de 50 anos?
Ponse en marcha en Galicia o sistema de Cita Previa ou Autocita para a vacinación da COVID-19, pero inicialmente de forma moi limitada. Como é sabido, a prioridade do Sergas segue a ser vacinar por idade, de maior a menor, comunicando a cita ao cidadán a través de mensaxe de SMS. De feito, agora mesmo está en marcha a inmunización das persoas de entre 30 e 39 anos coa primeira dose e as segundas doses para o grupo de entre 40 e 49 anos. Por tanto, neste primeiro momento só poderán pedir Cita Previa (Autocita) os maiores de 50 anos, así como escepcionalmente tamén os estudantes de Erasmus que viaxarán ao estranxeiro a partir de setembro. Logo irase abrindo gradualmente a Autocita ao resto de idades.
Así, o Sergas reserva o 95% das doses dispoñibles para a campaña activa de vacinación, deixando aprox. un 5 % para o novo sistema complementario de Autocita.
En consecuencia, a partir de mañá mércores 7 de xullo, todos aqueles transportistas e condutores profesionais que cumpriron xa os 50 anos e que por razón de traballo non puideron vacinarse cando foron chamados para tal, poderán solicitar Cita Previa para inmunizarse.
Como solicitar Cita Previa?
Deberá solicitarse telemáticamente:
- mediante un computador a través dos portais web cita.sergas.gal ou esaude.sergas.gal,
- ou ben desde a aplicación Sergas Móbil.
Os pasos a seguir son os seguintes:
- Identificación no sistema (coa tarxeta sanitaria, a chave 365 ou o certificado dixital).
- Logo de comprobar que a persoa cumpre os requisitos, poderase acceder a un novo apartado: «Campañas promoción da sáude (Solicitude cita vacina COVID)». A partir de aí, ofrecerase ao interesado un calendario cos días dispoñibles.
- Unha vez se seleccione o día, indicarase se hai citas libres e o rango de horas. Chegados a este punto, a aplicación mostrará os 40 ocos máis próximos.
- Pedirase tamén o número de teléfono para o correspondente envío do SMS coa cita definitiva, que será co que o interesado se identificará no punto de vacinación.
Seguintes colectivos que poderán solicitar a Cita Previa
Segundo evolucione a campaña, a dispoñibilidade de vacinas e o uso desta ferramenta informática, irase abrindo a Autocita a outros grupos de idade e colectivos, despois á poboación xeral.
Certificado de vacinación
Outra das novidades ten que ver con facilitar a obtención do certificado de vacinación, que se poderá obter nas oficinas de farmacia. Achegándose o interesado a unha botica coa tarxeta
sanitaria, aló mesmo llelo imprimirán.
Ademais, porase a disposición dos cidadáns un número de teléfono para solicitar o envío do certificado ao correo electrónico.
Estes novos accesos convivirán coa descarga do referido certificado a través da aplicación e a páxina web do Sergas.