Tras a entrada en vigor do R.D. 920/2017, é indispensable levar a bordo do vehículo o informe favorable da inspección ITV, xa que agora a estación ITV non sela as novas fichas técnicas.

A nova normativa recollida no RD 920/2017 do 23 de Outubro establece que as tarxetas ITV en formato electrónico non se selan, e o resultado da inspección é comunicado pola estación ITV que as efectúe por vía electrónica, ó Rexistro de Vehículos da Xefatura Central de Tráfico.

En consecuencia é preciso levar sempre a bordo do vehículo, ademais da ficha técnica (tarxeta ITV en formato electrónico) o informe favorable que nos entrega a estación ITV ó pasar a revisión.

E se fose necesario acreditar documentalmente en estrada que o vehículo ten a ITV en vigor, no referido informe favorable aparece un CÓDIGO CUNS DÍXITOS que a través da páxina WEB DA ITV constatan que a ITV dese vehículo está en vigor.

Polo que respecta ás tarxetas ITV tradicionais, estas seguiranse selando como ata agora. Se ben, tamén é recomendable levar o informe favorable da inspección a bordo do vehículo, malia que tamén a estación ITV remite telematicamente ó Rexistro de Vehículos o resultado da inspección.

 

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *