As novas comunidades confinadas abren as áreas de servizo aos transportistas

  • Dende o xoves 7 de xaneiro Cataluña, Comunidade Valenciana e Extremadura decretaron o peche dos seus territorios, pero eximen das restricións ás áreas de servizo en estrada para dar servizo aos/ás transportistas.

Debido ao incremento no número de casos de contaxios pola COVID-19, son moitas as Comunidades Autónomas as que están tomando novas medidas confinatorias e de limitación das actividades económicas nos seus respectivos territorios.

Así, entre as medidas que de novo se están a adoptar destaca o peche temporal ou total da hostalaría, malia que nesta ocasión todas as Comunidades Autónomas decidiron exceptuar destas medidas restritivas aos establecementos de restauración situados en áreas de servizo en estrada. O obxectivo, permitir que os/as transportistas podan continuar desenvolvendo a súa actividade con normalidade.

Cataluña

Ata o vindeiro 17 de xaneiro, Cataluña adoptou novas medidas confinatorias no sector da hostalaría, malia que sinalando expresamente que:

“la restauración en áreas de servicio de vías de comunicación para profesionales de transporte no queda sujeta a ninguna franja horaria».

Comunidade Valenciana

Do mesmo xeito, a Comunidade Valenciana establece tamén medidas confinatorias neste sector pero, neste caso, ata o 31 de xaneiro:

“los establecimientos de restauración en áreas de servicio de vías de comunicación para profesionales de transporte no quedan sujetos a ninguna franja horaria”.

Extremadura

No caso de Extremadura, as medidas confinatorias aprobáronse nas principais poboacións da rexión ata o vindeiro 13 de xaneiro. Así e todo, exceptúase das mesmas os seguintes supostos:

«Los servicios de restauración de los establecimientos de suministro de combustible o centros de carga o descarga o los expendedores de comida preparada, con el objeto de posibilitar la actividad profesional de conducción, el cumplimiento de la normativa de tiempos de conducción y descanso, y demás actividades imprescindibles para poder llevar a cabo las operaciones de transporte de mercancías o viajeros».