Avais ICO COVID-19

Resolución de 25 de marzo de 2020, Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa (BOE 26/03/20).

Para facilitar o mantemento do emprego e paliar os efectos económicos do COVID-19, a liña de avais ten por obxectivo cubrir os novos préstamos e outras modalidades de financiamento e as renovacións concedidos por entidades financeiras a empresas e autónomos para atender as necesidades de financiamento derivadas, entre outros, de pagamentos de salarios, facturas, necesidade de circulante ou otras necesidades de liquidez, incluíndo as derivadas de vencementos de obrigas financeiras ou tributarias.

IMPORTES 1º TRAMO E SUBTRAMOS: 

  • 1er tramo da liña de avais: ata 20.000 millones de euros (M €).
  • Subtramos:
    • AUTÓNOMOS e PEMES: Ata 10.000 M € para renovacións e novos préstamos.
    • NON PEMES (empresas que non teñan a consideración de pequenas ou medianas): Ata 10.000 M € para renovacións e novos préstamos.

COMISIÓNS ICO DE XESTIÓN E ADMINISTRACIÓN: A comisión por xestión e administración será de 0,05% flat, calculada sobre volume de carteira avalada.

CARACTERÍSTICAS DOS PRÉSTAMOS ELIXIBLES: Préstamos e outras operacións outorgados a empresas e autónomos con domicilio en España e se viran afectados polos efectos económicos do COVID-19, sempre que:

  • Os préstamos e operacións foran formalizados ou renovados con posterioridade ao 17 de marzo de 2020.
  • Os acreditados non figuren en situación de morosidade na consulta aos ficheiros da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE) a 31 de decembro de 2019, nin estean suxeitos a un procedemento concursal a data de 17 de marzo de 2020.

PORCENTAXES MÁXIMAS DE AVAL:

  • PRÉSTAMOS ATA 1,5 M €: A remuneración dos avais será de 20 puntos básicos sobre o saldo do importe total avalado.
  • PRÉSTAMOS SUPERIORES A 1,5 M €
    • CONCEDIDOS A AUTÓNOMOS E PYMES: A remuneración será de: 20 puntos básicos anuais para avais cun vencemento de ata 1 ano; 30 puntos básicos anuais para avais cun vencemento superior a 1 ano e ata 3 anos; e 80 puntos básicos anuais para avais cun vencemento superior a 3 anos e ata 5 anos.
    • CONCEDIDOS A NON PEMES:
      • PARA NOVAS OPERACIÓNS: A remuneración será de: 30 puntos básicos anuais para avais cun vencemento de ata 1 ano; 60 puntos básicos anuais para avais cun vencemento superior a 1 ano e ata 3 anos; e 120 puntos básicos anuais para avais cun vencemento superior a 3 anos e ata 5 anos.
      • PARA OPERACIÓNS DE RENOVACIÓN: A remuneración será de: 25 puntos básicos anuais para avais cun vencemento de ata 1 ano; 50 puntos básicos anuais para avais cun vencemento superior a 1 ano e ata 3 anos; e 100 puntos básicos anuais para avais cun vencemento superior a 3 anos e ata 5 anos.

PRAZOS:

  • PRAZO DE SOLICITUDE: Os avais poderán solicitarse ata o 30 de setembro de 2020. O prazo poderá ampliarse, sempre en liña coa normativa de Axudas de Estado da UE, por Acordo de Consello de Ministros.
  • PRAZO DE VENCEMENTO MÁXIMO: O prazo do aval emitido coincidirá co prazo da operación ata un máximo de 5 anos.

DEREITOS E OBRIGAS DAS ENTIDADES FINANCEIRAS: A entidade financeira decidirá sobre a concesión do correspondiente financiamento ao cliente de acordo cos seus procedementos internos e políticas de concesión e riscos.

Os custos dos novos préstamos e renovacións que se beneficien destes avais manteranse en liña cos custos cargados antes do comezo da crise do COVID-19, tendo en conta a garantía pública do aval e o seu custo de cobertura.

As entidades financeiras comprométense a manter alomenos ata 30 de setembro de 2020 os límites das liñas de circulante concedidas a todos os clientes e en particular, a aqueles clientes cuxos préstamos resulten avalados.

 PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE Pentende da publicación oficial, os pasos a seguir serán os seguintes:

  • Os préstamos solicitaranse directamente nas entidades financeiras. Cada unha das entidades firmará un importe (de fondos-cupo) acordado previamente co ICO, e sobre ese “cupo” formalizará os préstamos coas empresas, garantidos cos avais de referencia.
  • As solicitudes dos AVAIS canalizaranse a través das propias entidades, que as prepararán.
  • Con carácter xeral, a documentación mínima a preparar é a seguinte:
    • Contas anuais 2018 e 2019 (deste último ano, borrador se non se teñen as definitivas).
    • IVE: Modelo 390 de 2018 e 2019 e declaracións de 2020.
    • Modelo 347 de 2018 e de 2019.
    • Imposto de sociedades de 2018.
  • Elaborar unha previsión de tesourería para un prazo razoable (por ex., para un período de 6 meses), detallando por conceptos e importes os ingresos e gastos estimados nos que se vai incorrer (nóminas previstas, seguros sociais, impostos, etc.). Da estimación da necesidade de tesourería da empresa calcularase o importe de préstamo a solicitar.
  • Así mesmo, tamén se solicitará asinar a declaración de “mínimis”, sobre subvencións e axudas recibidas nos últimos períodos (poden ser 2019 e 2020).
  • E malia que inicialmente chegará co aval que conceda o ICO (sobre todo cando conceda o 80%), discrecionalmente os bancos é posible que soliciten nalgúns casos unha garantía adicional (cando o aval institucional sexa inferior ou ben o banco considere o risco alto demais).