• O caderno, elaborado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, inclúe unha escolma de recomendacións psicolóxicas para aplicar antes, durante e despois da viaxe.

A Fundación Ricardo Díaz, recoñecida de Interese Galego pola Xunta de Galicia e que entre os seus fins ten a mellora da calidade de vida e o benestar dos profesionais do transporte, encargou este traballo ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia preocupada pola saúde psicolóxica dos/as transportistas e condutores profesionais no actual estado de alarma.

Certamente, os profesionais do transporte teñen a responsabilidade de seguir traballando na díficil situación de emerxencia sanitaria, a fin de garantir a subminsitración de produtos esencias ao conxunto da poboación. Así pois, soportan e demostran día a día unha grande fortaleza psicolóxica, pois en moitos casos adoecen de equipos de protección para realizar as tarefas de carga e descarga da mercadoría transportada, e levan xa varias semanas tendo dificultades para alimentarse ou asearse nunhas mínimas condicións de hixiene.

Descarga o caderno con todas as recomendacións > premendo aquí.