A madrugada deste domingo 31 de outubro haberá que cambiar a hora no tacógrafo dixital para o horario de inverno
- Na noite do sábado 30 ao domingo 31 de outubro, cambia a hora para o horario de inverno. Así pois, a partir das 03:00 horas da madrugada deberemos corrixir a hora local no tacógrafo dixital e restarlle unha hora, polo que atrasaremos o reloxo e o tacógrafo 1 hora. Isto é, ás 03:00 horas serán as 02:00 horas.
Cambio da hora local no tacógrafo VDO
- Pulsar a tecla OK para entrar no MENÚ principal de contidos do tacógrafo.
- Buscar a opción “ENTRADA VEHÍCULO” coas frechas de selección e unha vez localizada pulsar a tecla OK.
- A continuación, buscar a opción “Vehiculo Hora Local” e pulsar novamente OK.
- Cambiar a hora utilizando as frechas de selección (o reloxo cambia de media hora en media hora).
- Unha vez a hora estea correcta, pulsar por última vez a tecla OK.
- Para saír dese submenú, pulsar continuadamente a tecla ATRÁS ata a pantalla principal.
Cambio da hora local no tacógrafo STONERIDGE
- Pulsar a tecla de “Entrada menú”.
- Buscar a opción “Menú de Configuración” coas teclas de selección, e pulsar a tecla “Aceptar”.
- Buscar a continuación a opción “Ajuste Horario” e pulsar “aceptar”.
- Coas teclas de selección corríxese a hora (cambia de 30 min. en 30 min.).
- Para retornar á pantalla principal, pulsar repetidas veces a tecla “cancelar”.