O Goberno alemán, introduciu de xeito temporal controis nas súas fronteiras. Así e todo, o transporte de mercadorías por estrada ten un carácter esencial, non existindo ningunha restrición a efectos de tránsito polo país, malia que se recomenda:

  1. Acceder polos pasos fronteirizos habilitados e sinalados.
  2. Acreditar documentalmente a identidade do condutor.
  3. Xustificar documentalmente a realización do transporte (CMR, Ordes de Carga, Licencia Comunitaria, etc.)
  4. Cumprimentar e levar a bordo o Certificado de Viaxeiro que, se ben non é obrigatorio, sí resulta recomendable: pódese descargar premendo aquí.