Esta nova aplicación gratuíta, denominada “Galileo Green Lane”, permitirá facilitar e priorizar o tránsito de transportes de bens esenciais durante esta fase de emerxencia xerada polo COVID-19. Ademais, axudará a unha mellor xestión e toma de decisións para as empresas de transporte nos seus tránsitos por fronteiras da Unión Europea.

INSTRUMENTO DE AXUDA PARA OS/AS TRANSPORTISTAS

A Comisión Europea, en colaboración con diversos organismos e axencias
europeas, desenvolveu esta nova ferramenta de tráfico que permitirá unha mellor xestión e toma de decisións para as empresas de transporte nos seus tránsitos por fronteiras da Unión Europea.

Do mesmo xeito, os Estados memebros dispoñen con esta ferramenta dun espazo dende o que xerar e obter de forma inmediata informes sobre o estado do tráfico. Con ela, poderán comunicar aos/ás transportistas a existencia de determinados carrís prioritarios (“Corredores Verdes”) para determinados tipos de mercadorías, axilizando o fluxo e tránsito de fronteiras.

Son moitos os países que acolleron con interés esta ferramenta, que xa comezou a súa fase de probas nos nos cruces fronteirizos de Hungría e a República Checa. Outros países como Francia, Grecia, Italia, Rumanía ou España están na súa fase de inicio.

A aplicación, pode descargarse gratuítamente a través da seguinte ligazón:
https://galileogreenlane.eu/

CARACTERÍSTICAS DA APP GALILEO GREEN LANE

A aplicación Galileo Green Lane, básase no uso do sistema de navegación e posicionamento por satélite de Galileo, e permite unha visualización do tráfico de fronteiras en tempo real.

Cando os/as transportistas se achegan á fronteira nunha zona específicamente xeodeterminada, reciben unha notificación sobre a situación oficial na fronteira pola que se vai transitar, obténdose a determinación da súa ubicación de maneira anónima e só a efectos informativos.