Dende este luns 4 de maio, nas cabinas de vehículos pesados e furgonetas que só conten cunha fila de asentos, poderán viaxar como máximo dúas persoas. Ademais, deberán estar provistas de máscaras de protección que cubran as vías respiratorias, e gardar a máxima distancia posible.
Así se deu a coñecer este domingo 3 de maio, mediante a publicación da Orde TMA/384/2020 no Boletín Oficial do Estado (BOE), onde se establece como deben ir as persoas a bordo dos vehículos de transporte públicos e privados.