O Ministerio de Transportes publicou no BOE este domingo 10 de maio a Orde TMA/400/2020 pola que se establece, na súa Disposición final primeira, as condicións de ocupación dos vehículos no transporte terrestre na Fase 1 Inicial da desescalada.
MOTOCICLETAS, CICLOMOTORES E VEHÍCULOS CATEGORÍA L EN XERAL, PROVISTOS DE DÚAS PRAZAS HOMOLOGADAS
Poderán viaxar dúas persoas, sempre que residan no mesmo domicilio, leven casco integral ou con viseira e/ou máscara de protección. No caso de motocicletas e ciclomotores destinados ao uso compartido, será obrigatorio o uso de luvas para pasaxeiro e condutor (admítense as luvas de protección de motorista).
VEHÍCULOS PRIVADOS DE ATA 9 PRAZAS
Poderán viaxar tantas persoas como prazas teña o vehículo, sempre que todos os/as ocupantes residan no mesmo domicilio. Cando non todos os/as ocupantes convivan no mesmo domiclio, poderán desprazarse dúas persoas por cada fila de asentos, sempre que leven máscara de protección e respeten a máxima distancia posible.
TRANSPORTE PÚBLICO DE VIAXEIROS DE ATA 9 PRAZAS
Poderán desprazarse dúas persoas por cada fila adicional de asentos respecto da do condutor, debendo garantizarse en todo caso, a distancia máxima posible entre os seus ocupantes. No caso de que todos os ocupantes convivan no mesmo domicilio, poderán ir tres persoas por cada fila adicional de asentos.
TRANSPORTE CON TAN SÓ UNHA FILA DE ASENTOS
Poderán viaxar como máximo dúas persoas, sempre que os seus ocupantes utilicen máscaras de protección e garden a máxima distancia posible. No caso de non poder cumprir esta condición, poderá viaxar no vehículo só o
condutor.
TRANSPORTE PÚBLICO REGULAR, DISCRECIONAL E PRIVADO COMPLEMENTARIO DE VIAXEIROS EN AUTOBÚS, E FERROVIARIO
Os pasaxeiros terán un asento vacío contiguo, que permitirá a súa separación con respecto aos demais. Así pois, únicamente poderán ir en asentos contiguos as persoas que convivan no mesmo domicilio. En todo caso, manterase sempre vacía a fila posterior á butaca ocupada polo condutor.
TRANSPORTE PÚBLICO URBANO E INTERURBANO
Nos vehículos onde existan plataformas habilitadas para o transporte de viaxeiros a pé, procurarase que as persoas manteñan entre sí a máxima distancia posible, tomando como referencia a ocupación da metade das prazas con asento dispoñibles, e de dous viaxeiros por cada metro cadrado na zona habilitada para viaxar de pé.
Estas medidas aplícanse dende este luns 11 de maio de 2020, e ata a finalización do estado de alarma ou as súas prórrogas.
Pode consultarse todo o contido da Orde TMA/400/2020, premendo aquí.