Segundo o establecido na Disposición Final Primeira do Real Decreto 551/2006 do 5 de maio, polo que se regulan as operacións de transporte de mercadorías perigosas por estrada, unha das obrigas das empresas que realicen este tipo de transporte, é a emisión á comunidade autónoma onde se atope a sede social da empresa, dun informe anual elaborado conforme ao establecido na Orde FOM/2924/2006, de 19 de septiembre. Nela, regúlase o contido mínimo do informe anual para o transporte de mercadorías por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable.
En Apetamcor:
- Facilitamos e simplificamos os trámites administrativos aos nosos asociados/as no cumprimento de dita obriga, elaborando os pertinentes informes.
- Impartimos a formación preparatoria do título conselleiro de seguridade.
- Tramitamos e asesoramos en todo o relacionado co transporte de mercadorías perigosas e o A.D.R.