Convocadas as probas 2021 de competencia profesional de Xestor de Transporte

  • Aberto o prazo ata o venres 23 de Abril para a tramitación da instancia que dá dereito a participar na 1a convocatoria de probas de 2021, previstas para o primeiro semestre deste ano.
  • Apetamcor imparte un curso preparatorio para esta convocatoria, na modalidade de Teleformación + Aula Virtual.
Calendario das probas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) deste 23 de Marzo de 2021, publicou a Resolución do 11 de marzo de 2021 da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (antiga Capacitación Profesional) para o presente ano 2021. Este ano, realizaranse dúas convocatorias: a primeira entre o 17 de abril de 2021 e o 27 de xuño de 2021, e a segunda entre o 2 de outubro de 2021 e o 19 de decembro de 2021.

Requisitos de acceso ás probas

Para poder participar nas probas, será preciso estar en posesión dalgún dos seguintes títulos de formación: Título de bacharelato ou equivalente, Título de FP de grao medio ou superior e/ou Título universitario de grao ou posgrao.

Prazo de presentación de solicitudes
  • 1a Convocatoria: ata o 23 de Abril de 2021.
  • 2a Convocatoria: dende o 1 ao 23 de Agosto de 2021, incluídos ámbolos días.
Curso preparatorio para o exame

O curso impártese na modalidade de Teleformación + Aula Virtual. O alumno/a pode acceder a todo o temario a través da Plataforma, aos test e supostos prácticos do banco de preguntas do Ministerio de Fomento, e aos exames das últimas convocatorias.
Os/as interesados/as que desexen presentarse á convocatoria 2021 e queiran inscribirse ao curso preparatorio, poden contactar co Dpto. de Formación na sede que corresponda, ou solicitar máis información premendo aquí.