CURSO ONLINE GRATUÍTO AFD

ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN

CONDUCENTE Á OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE “ORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE E A DISTRIBUCIÓN”.

Organizar e controlar as operacións de transporte de mercadorías para optimizar o proceso loxístico de acordo coas especificacións establecidas, prazo e custe, garantindo a integridade e seguimento das mercadorías durante o proceso, cumprindo a normativa vixente de transporte e empregando, en caso necesario, a lingua inglesa.

DIRIXIDO A:

  • Desempregados/as con Bacharelato ou FP de Grao Medio.

MODALIDADE:

  • Aula Virtual.

SAÍDAS PROFESIONAIS:

  • Xefe/a de tráfico en empresa de transporte.
  • Axente de transporte.
  • Empregado/a administrativo/a dos servizos de transporte.
  • Técnicos en loxística de transporte.

UNIDADES FORMATIVAS:

  1. Distribución capilar (70 horas).
  2. Transporte de larga distancia (90 horas).
  3. Optimización da cadea loxística (90 horas).
  4. Inglés profesional para loxística e transporte internacional (90 horas).
  5. Módulo de prácticas profesionais non laborais (80 horas).