- Dende o pasado venres 3 de Abril, máis de 200 profesionais de diversos sectores esenciais están facendo uso das instalacións para descansar, asearse, comer e/ou desinfectar os vehículos.
CENTRO DE APOIO AO PERSOAL DE SERVIZOS ESENCIAIS
A Deputación de Ourense converteu parte do Pazo dos Deportes «Paco Paz» como centro de apoio ao persoal de servizos esenciais, donde atopan facilidades para descansar, asearse ou alimentarse dende as 06:00 ás 23:00 horas. Ademais, ofrecerán un servizo de desinfección de vehículos de transporte público, sanitarios e/ou de seguridade.
Dende Apetamcor queremos agadecer á Deputación de Ourense esta inciativa, pois supón unha gran axuda aos/as transportistas para o desenvolvemento da súa actividade, que tan necesaria é para o abastecemento da poboación na situación de emerxencia sanitaria na que nos atopamos. Do mesmo xeito, invitamos ás demais deputacións e/ou concellos das principais áreas metropolitanas de Galicia á adopción de iniciativas idénticas, dado que a meirande parte das infraestructuras públicas (polideportivos, recintos feriais, etc.) están sen actividade tras o decreto de estado de alarma.