Tráfico alerta de posibles afeccións á circulación por nevadas en máis de dez vías de alta capacidade
- A DGT publicou unha nota de prensa informando sobre o risco de nevadas dende esta mesma tarde na zona norte da península, que poderían afectar á circulación en vías de alta capacidade como a A-52; A-6; A-67; A-66 e AP-66, así como a outras vías convencionais.
- Nas zonas con aviso amarelo por nevadas, poderán establecerse restricións á circulación de vehículos pesados.
Previsión para o venres 4 de Decembro
A xornada do venres pode que sexa máis complicada debido á baixada das temperaturas no norte, centro e sueste da península, afectando ás autovías e autoestradas A-52, A-6, A-67, A-66, AP-66, AP-6, AP-61, AP-51, A-6, A-1, A-92, A-44, ademais das estradas secundarias.
Previsión durante a fin de semana
Continuará nevando na zona noroeste do país, o cal pode afectar ás vías de alta capacidade A52, A-6; A-66, AP-66 e A-92.
Para máis información, pode consultarse a nota de prensa da DGT premendo aquí.