A DGT suspende as restricións a camións do 26 de Marzo ao 5 de Abril

A DGT suspende temporalmente as restricións á circulación de camións entre o venres día 26 de marzo e o luns día 5 de Abril (ambos inclusive), coincidindo ca Semana Santa.

Poderán circular os seguintes transportes:

  • Vehículos de máis de 7.500 kg de MMA.
  • Vehículos que precisen autorización complementaria.
  • Vehículos especiais.

Así e todo, a suspensión temporal das restricións non afectará:

  • ás limitacións dos transportes especiais en fin de semana,
  • aos vehículos ADR que transporten mercadorías perigosas,
  • e ás estradas de conexión con Francia, nos tramos e datas seguintes > consultar.

Pode consultarse a nota informativa da DGT, premendo aquí.

Nota: Lémbrase que a suspensión decretada pola DGT, só afecta ás estradas que son da súa competencia, polo que as restricións en Cataluña mantéñense vixentes ata novo aviso.