A DGT suspende as restricións a camións do 4 ao 8 de decembro

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) suspende temporalmente as restricións á circulación de camións, entre o venres día 4 e o martes día 8 de decembro (ambos inclusive), coincidindo ca ponte da Constitución e a Inmaculada.

Deste xeito, poderán circular os seguintes transportes:

  • Mercadorías en xeral, en vehículos de máis de 7.500 kg de MMA.
  • Vehículos que precisen autorización complementaria para circular.
  • Vehículos especiais.
  • Vehículos que transporten mercadorías perigosas con materiais e residuos bio-infecciosos (residuos da COVID-19), con orixe e destino en centros sanitarios, sen necesidade de autorización especial. Así e todo, deberán circular pola Rede RIMP.

O resto de transportes ADR non se verán afectados pola suspensión temporal das restricións, polo que seguirán sometidos ás restricións habituais.

Para máis información sobre restricións, pode consultarse a páxina web da DGT: http://www.dgt.es/es/el-trafico/restricciones/

Nota: Lémbrase que a suspensión decretada pola DGT só afecta ás estradas que son da súa competencia, polo que as restricións en Cataluña e País Vasco mantéñense vixentes ata novo aviso.