A DGT suspende as restricións a camións do 30 de Outubro ao 9 de Novembro
- Permitirase a circulación de vehículos de máis de 7,5 T de MMA, vehículos especiais e transportes especiais, entre este venres 30 de Outubro e o luns 9 de Novembro de 2020.
- Así e todo, mantéñense as restricións para o Transporte de Mercadorías Perigosas (ADR).
Debido ás medidas restritivas coa nova declaración do estado de alarma adoptadas a nivel nacional pola propagación da COVID-19, a Dirección Xeral de Tráfico dicidiu levantar de forma temporal as restricións á circulación establecidas entre o 30 de Outubro e o 9 de Novembro de 2020. Lémbrase que a suspensión decretada pola DGT só afecta ás estradas que son da súa competencia, polo que as restricións en Cataluña e País Vasco mantéñense vixentes.
Esta suspensión temporal das restricións á circulación non afectará ao Transporte de Mercadorías Perigosas (ADR), que seguirá sometido ás restricións habituais e á obriga de transitar pola Rede RIMP.
Pode consultarse na seguinte ligazón, a Nota informativa da Dirección Xeral de Tráfico: http://www.dgt.es/images/Nota-informativa-levantamiento-restricciones-COVID19-30-oct-a-9-nov.pdf