En Apetamcor ofrecemos a autónomos e empresas de transporte a facilidade de resolver as súas necesidades formativas, analizando e contemplando unha serie de áreas de actuación que lles supoñan unha resposta práctica.

A nosa experiencia en formación permite garantir un valor engadido ás empersas, pois todos os cursos da nosa programación poden realizarse a medida.

Planificamos a formación continua de autónomos e empresas priorizando a que é obrigatoria para os profesionais do sector (CAP e ADR), e co obxectivo de ofrecer un servizo integral axustado ás necesidades das empresas. Ademais, tramitamos directamente a bonificación do custe da formación nas cuotas da Seguridade Social, de tal xeito que ás nosas empresas lles saia a custe cero ou gratis.

Do mesmo xeito, ofrecemos a posibilidade de participar en plans que executamos anualmente, financiados por organismos públicos e persoais.