• Ademais do Certificado de Desprazamento de Traballadores Móbiles establecido pola Lei Macron, agora os condutores tamén terán que dispoñer dunha “Declaración Responsable”, de ausencia de síntomas COVID-19 e contacto con persoas contaxiadas polo virus.
  • Este modelo de Declaración Responsable terase que cumprimentar en cada viaxe ao país galo.

DECLARACIÓN RESPONSABLE

Francia esixirá a todos os transportistas e condutores que accedan ao seu territorio, unha Declaración Responsable que certifique non ter coñecemento de contacto con casos confirmados da COVID-19 durante os últimos 14 días antes da entrada en Francia, así como dos seguintes síntomas compatibles coa infección por coronavirus nas 48 horas anteriores á entrada ao país:

  • Febre e escalofríos.
  • Tose ou máis da habitual.
  • Fatiga inusual.
  • Falta de alento inusual cando se fala ou fai algún esforzo.
  • Dor muscular inusual.
  • Dores de cabeza inexplicables.
  • Pérdida de sabor ou olfacto.
  • Diarrea.

Esta Declaración, servirá para acreditar estas circunstancias, así como os datos persoais do condutor/a. Ademais, deberá cumprimentarse en francés e de forma sistemática, xa que os síntomas da enfermidade poden ir aparecendo de xeito progresivo. Pódese descargar este documento premendo aquí.

Máis información detallada ao respecto, a través da seguinte ligazón do Ministerio do Interior francés:
https://www.interieur.gouv.fr/Actualites/L-actu-du-Ministere/Attestation-de-deplacement-et-de-voyage