FRANCIA ESTABLECE UN NOVO MODELO DE XUSTIFICANTE DE DESPRAZAMENTO

O Goberno francés publicou o pasado venres 30 de outubro de 2020 o novo Decreto 2020-1310, polo que se adoptan novas medidas dentro do estado de emerxencia sanitaria pola COVID-19. Así e todo, o transporte de mercadorías mantén o seu carácter esencial, malia que os condutores/as profesionais deberán levar a bordo do vehículo un xustificante de desprazamento en francés, cuxo novo modelo se pode descargar a continuación:

Nota: Pódese consultar aquí, a modo informativo, a traducción de ámbolos dos documentos.

Do mesmo xeito, e para maior xustificación ante as autoridades de control, recoméndase dispoñer da orde de carga, CMR, etc.

APERTURA DA RESTAURACIÓN NAS ESTACIÓNS DE SERVIZO

Se ben as novas normas impostas establecen o peche da hostelería e os servizos de restauración, exceptúase a compra de comida para levar e autorízase a apertura das tendas de restauración das estacións de servizo, pensando esencialmente en dar asistencia ao transporte por estrada.

MEDIDAS DE HIXIENE E SAÚDE

Do mesmo xeito, establécense as seguintes medidas de hixiene e distanciamento social:

  • O vehículo deberá estar equipado cunha reserva de auga e xabón, toallas desbotables e/ou xel hidroalcohólico.
  • A entrega e firma de documentos de transporte, realizarase sen contacto entre persoas.