O Goberno francés emitiu o pasado sábado tres Ordes Ministeriais polas que, de xeito temporal e durante o mes de maio, volven a suspenderse as restricións á circulación aos vehículos pesados que transporten produtos de consumo humano e animal, así como os relacionados co ámbito da construcción de edificios colectivos.

PERMITIDA A CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS PESADOS DE MERCADORÍAS
Permitirase a circulación de vehículos pesados que transporten os seguintes tipos de mercadorías, e a súa circulación en vacío:

  • Alimentos e produtos destinados ao consumo humano e animal, á saúde humana ou animal, así como materiais ou compoñentes necesarios para a súa elaboración e/ou fabricación.
  • Materiais, produtos, equipos, maquinaria ou ferramentas no ámbito da construcción de edificios colectivos.

PERÍODO DE SUSPENSIÓN DAS RESTRICIÓNS
Permitirase a circulación de vehículos pesados que transporten algún dos tipos de mercadorías nomeadas no apartado anterior dende o:

  • Xoves 7 de maio ás 16 horas, ata o venres 8 de maio ás 24 horas,
  • e dende o mércores 20 de maio ás 16 horas ata o xoves 21 de maio ás 24 horas.