O Goberno pretende prorrogar o límite de 125.000€ de facturación para seguir acollidos ao réxime de módulos

  • O Consello de Ministros inclúe no Proxecto de Lei de Orzamentos do Estado para 2021, unha nova prorroga do límite actual de facturación para acollerse a módulos en 2021.
  • De aprobarse finalmente, sería o 5o ano consecutivo que se prorrogan os límites de facturación anual de 125.000€ para continuar seguir acollido ao réxime de módulos, que o Goberno xustifica na actual crise sanitaria.

ANTECEDENTES

Convén recordar que a regulación aprobada en 2016 reduciu de xeito importante para o sector do transporte por estrada o límite máximo para poder continuar acogido ao réxime de módulos, quedando establecido un límite de facturación anual de 125.000 euros, sempre que a súa facturación se realice en máis de un 50% a empresas ou profesionais. Así mesmo, dita regulación aprobada en 2016 prevía un réxime transitorio de 2 anos, establecendo que a partir do ano seguinte se aplicaría un novo límite inferior de 75.000 euros, que sen embargo non chegou aínda a entrar en vigor polas sucesivas prórrogas que se foron aprobando, o que permitiu acollerse ao réxime de módulos nos 4 últimos anos os transportistas que facturaran menos de 125.000 euros no ano anterior.

PRETENSIÓN DO GOBERNO PARA 2021

Así pois, para permitir unha nova prórroga en 2021 do actual límite de facturación anual de 125.000euros continuar acolléndose ao réxime de módulos, o Goberno acordou introducilo na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2021, xustificándoo na actual situación que padece a economía, que “no marco da actual crise sanitaria fai aconsellable o establecemento dun marco normativo estable que permita aos pequenos autónomos poder continuar aplicando o método de estimación obxectiva para o cálculo do rendemento neto da súa actividade económica evitando, ademais, un incremento das súas obrigas formais e de facturación”.

En todo caso, a su aprobación final dependerá de que finalmente o Goberno conte coa maioría suficiente para sacar adiante os Orzamentos do Estado para o próximo ano, polo que haberá que agardar ata mediados de decembro para coñecer o que resultará finalmente. Aínda así, de ser ser aprobados finalmente uns novos Orzamentos, ao Goberno sempre lle fica a posiblidade legal de aprobar a prórroga mediante Decreto-Lei, como xa fixo de xeito in extremis nos dous últimos anos.