GUÍA COMPLETA PLAN RENOVE 2020

Programa de Renovación do parque circulante en 2020 ​(Real Decreto-lei 25/2020, de 3 de xullo, de medidas urxentes para apoiar a reactivación económica e o emprego). 

PARA QUE SE CONCEDEN ESTAS AXUDAS?

  • Para a compra dun vehículo novo, que deberá adquirirse e estar matriculado en España a partir de 15 de xuño de 2020, inclusive, mediante:
    • Adquisición directa.
    • Adquisición por medio de operacións de financiamento por leasing financeiro.
    • Arrendamento por renting (leasing operativo).
  • Compra dun vehículo seminovo. O vehículo, adquirido a partir de 15 de xuño de 2020, deberá estar previamente en posesión dun concesionario e matriculado por primeira vez en España ao seu nome con data posterior a 1 de xaneiro de 2020.

Nota: En caso de compra directa ou leasing, o vehículo deberá estar a nome do beneficiario e matriculado en España durante alomenos 2 anos, e no renting o contrato deberá ser superior tamén a 2 anos.

BENEFICIARIOS E NÚMERO MÁXIMO DE VEHÍCULOS

Serán beneficiarios destas subvencións as persoas físicas e autónomos (que poderán beneficiarse de subvencionar a adquisición de máximo 1 vehículo), e tamén as empresas (en cuxo caso poderán beneficiarse dunha subvención para ata 30 vehículos, debéndose realizar unha solicitude de axuda por cada un dos vehículos). En todo caso, consideraranse beneficiarios:

  • En caso de adquisicións directas ou leasing financeiro: o titular da matriculación rexistrada na DGT.
  • En caso de renting: o arrendatario do contrato de renting.

REQUISITO DE ESTAR AO CORRENTE CON AEAT E A SEGURIDADE SOCIAL

O solicitante da axuda deberá estar ao corrente das súas obrigas coa Axencia Tributaria e a Seguridade Social no momento de realizar a solicitude e tamén no da concesión da axuda.

RÉXIME DE MÍNIMIS

No caso de que o solicitante sexa unha empresa, estas axudas estarán sometidas ao réxime de mínimis, que non será aplicable a particulares ou entidades sen ánimo de lucro.
O réxime de mínimis establece que as axudas públicas concedidas á empresa durante os 2 exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso non deberán superar os 200.000 €, que en caso específico de empresas ou autónomos de transporte por estrada limítase a 100.000 €​. Por iso, o solicitante deberá declarar responsablemente no cuestionario de solicitude, as axudas de minimis recibidas durante os dous exercicios fiscais anteriores e o actual en curso.

Nota: A efectos de axudas de mínimis, os grupos empresariais contan como un único beneficiario sempre que haxa empresas vinculadas, cuxo capital ou dereitos de voto estean controlados nun 50% ou máis por outra empresa do grupo.

REQUISITOS A CUMPRIR POLOS VEHÍCULOS

É NECESARIO ACHATARRAR OUTRO VEHÍCULO?

Só no suposto de adquisición e arrendamento mediante renting de turismos e furgonetas, tanto novos como seminovos, é obrigatorio achatarrar e dar de baixa definitiva outro vehículo desas categorías. Por tanto, non é necesario achatarrar en vehículos das categorías N2 e N3.

Ademais, aqueles que teñan a obriga de achatarrar deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • O vehículo a achatarrar deberá ser indistintamente das categorías M ou N, e estar matriculado en España con anterioridade a 15 de xuño de 2020.
  • A antigüidade deberá ser maior a dez anos para turismos, e maior a sete anos para furgonetas, contando desde a súa data de primeira matriculación, ata a data de solicitude de axuda, ou ata a data de matriculación do novo vehículo adquirido se esta última fora anterior.
  • O destinatario último da axuda deberá ostentar a titularidade do vehículo achatarrado, alomenos durante os 12 meses anteriores á data de solicitude. Non será válido que a titularidade do vehículo achatarrado a ostente outra persoa. No caso de empresas, deberá ser a empresa la titular do vehículo achatarrado, non sendo válido que o titular sexa un membro dela.
  • O vehículo deberá ser achatarrado a data igual ou posterior a 15 de xuño de 2020.

CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS

Sumarse unha axuda adicional de 500 € nos seguientes supuestos (no acululativos entre si):

  • O solicitante ten mobilidade reducida.
    Para a adquisición de turismos, así como furgonetas lixeiras se se trata de profesional autónomo. Ovehículo deberá estar adaptado para a súa condución, e constar na ficha técnica do vehículo.
  • Solicitantes que pertenzan a fogares con ingresos mensuais inferiores a 1.500 €.
    Esta axuda adicional será aplicable unicamente na adquisición de turismos e furgonetas lixeiras.
    Deberá acreditarse mediante declaración responsable no cuestionario de solicitude. Posteriormente, o órgano xestor poderá requerir a documentación que considere necesaria e que xustifique tal condición.
  • Por achatarramento dun vehículo de máis de 20 anos.
    Para a adquisición de turismos e furgonetas lixeiras por particulares ou profesionais autónomos. O vehículo achatarrado deberá cumprir todas as condicións aplicables a un vehículo achatarrado.

DESCONTO OBRIGADO DO CONCESIONARIO

Na adquisición dun vehículo das categorías M1 e N1, establécese para os concesionarios a realización dun desconto obrigado e equivalente da mesma contía que a axuda estatal (non se consideran a estes efectos as posibles axudas adicionais), cun límite máximo de 1.000 €, sempre e cando dita venda fora realizada en data igual ou posterior a 7 de xullo de 2020.
O desconto deberá reflexarse de forma específica na factura de venda emitida por parte do concesionario ao destinatario último da axuda, recollendo a expresión “Desconto aplicado por Programa RENOVE“.

En consecuencia, aos vehículos vendidos ou encargados a fábrica entre 15 de xuño de 2020 e 6 de xullo de 2020 (data de entrada en vigor do Real Decreto Lei 25/2020, de 3 de xullo), ambos inclusive, aplicaránselles unicamente as axudas que proveñan do Estado, non sendo obrigatorio neste caso a aplicación do desconto indicado proviente do concesionario.

PROCEDEMENTO SOLICITUDE DE AXUDAS: PRAZO E RESERVA DE FONDOS

O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día de activación do sistema telemático de xestión de axudas do Programa RENOVE 2020 desenvolvido ao efecto para a xestión do mesmo (previsto para o mes de setembro), ata o 31 de decembro de 2020, ambos inclusive, ou ata que se esgoten os orzamentos establecidos.

A partir de dita data non será posible realizar novas solicitudes de axudas. Só será posible remitir a documentación esixida para a concesión da axuda correspondente ás solicitudes xa presentadas, cuxo prazo máximo desde o momento de rexistro da solicitude será de 120 días naturais con carácter xeral e 180 días naturais se o vehículo é de categoría M2,M3, N2 ou N3.

As solicitudes serán atendidas por rigorosa orde de presentación. A realización e rexistro da solicitude conlevará unha reserva de orzamento pola contía que lle corresponda. No caso de que o interesado sexa unha persoa física, os concesionarios poderán facilitarlle os medios electrónicos que lle permitan tramitar a solicitude de axuda, para o que deberá contar con certificado de sinatura electrónica avanzada. Así mesmo, o interesado poderá nomear un representante para a realización da solicitude e xestión da documentación, que deberá estar autorizado polo interesado a tal efecto.

A data e hora de activación do sistema telemático de xestión de axudas, que posibilitará a solicitude das mesmas, será anunciada a través do portal do Programa RENOVE 2020 aloxado en https://industria.gob.es/RENOVE/Paginas/Index.aspx, así como unha ligazón ao sistema telemático de xestión, onde se poderán realizar solicitudes, cargar documentación e realizar todas as comunicacións co interesado relativas á axuda solicitada.

Así mesmo, habilitouse o correo para consultas: consultas_RENOVE@mincotur.es.

DESDE CANDO SE PODE COMPRAR, MATRICULAR E CIRCULAR CO VEHÍCULO?

Poderanse solicitar axudas para vehículos novos comprados e matriculados a partir de 15 de xuño de 2020, inclusive. Isto implica que, a partir de dita data, e independentemente de se a solicitude de axuda e xustificación da compra é posterior, poderase:

  • Comprar un vehículo.
  • Matricular o vehículo e circular con el.
  • Achatarrar un vehículo antigo e dalo de baixa con carácter definitivo.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR PARA A SOLICITUDE DA AXUDA

PASO 1) SOLICITUDE DE AXUDA E RESERVA DO ORZAMENTO (A PARTIR DE SETEMBRO 2020)

Coa solicitude de axuda, ademais do formulario de solicitude, deberase achegar:

1) Documento xustificativo de pedido de vehículo novo: (Só obrigatorio no caso de que o vehículo obxecto da subvención sexa novo). O modelo poderá descargarse desde a aplicación informática cando estea habilitada; ata entón, achegarase un documento de pedido que conteña cando menos os seguintes campos:
1. Datos de identificación do concesionario.
2. Datos de identificación do comprador do vehículo.
3. Data do pedido.
4. Contía da sinal entregado a conta polo pedido do vehículo.
Nota: Dito sinal deberá ser alomenos da mesma contía que a axuda estatal solicitada, sen ter en conta para o seu cálculo o desconto do concesionario nin as posibles axudas adicionais estatais, e sen que sexa preciso que sobrepase os 1.000 €, agás se as partes así o acorden ou o concesionario así o esixa para formalizar o pedido. No caso de que o vehículo sexa financiado na súa totalidade, non será preciso reflexar a contía do sinal.
O documento deberá ir asinado por un representante do concesionario e polo comprador.

2) Documento xustificativo de pagamento do sinal económico entregado ao concesionario: (Só obrigatorio no caso de que o vehículo obxecto da subvención sexa novo). No caso de que o vehículo sexa financiado na súa totalidade, en lugar do documento xustificativo do pagamento do sinal, será preciso achegar un documento de solicitude de financiamento pola totalidade do importe do vehículo no que apareza o orzamento establecido no pedido, e asinado por ambas partes.

3) No seu caso, autorización do interesado autorizando a un terceiro como representante que o habilite para presentar a solicitude no seu nome e toda a documentación esixida, asinada por ambas partes. O modelo de autorización poderá descargarse desde a propia aplicación informática cando estea habilitada; ata dito momento, será válido calquera documento de autorización que recolla os extremos indicados no presente párrafo.
Ademais, no formulario de solicitude o interesado realizará a declaración responsable de:
1. Se é unha empresa, que a súa situación non entra dentro da definición de empresa en crise.
2. Cando proceda, que é unha persoa física que pertence a un fogar cuns ingresos mensuais inferiores a 1.500 €.
3. Se solicitou outras axudas para a compra do vehículo para o que solicita axuda no Programa RENOVE 2020, que a suma das axudas solicitadas non supera o custo total do vehículo.

PASO 2) ACHEGA DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA

Logo de realizar a reserva de orzamento, disporase de 120 días naturais (180 se o vehículo da axuda é das categorías M2, N2, M3 ou N3) para achegar a seguinte documentación dixitalizada:

1) Xustificante do recoñecemento na Dirección General del Tesoro y Política Financiera da conta bancaria do solicitante para o abono da axuda.

2) Se o solicitante se opón na solicitud a que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación do cumprimento de obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social:
a) Certificado de estar ao corrente das súas obrigas tributarias
b) Certificado de estar ao corrente das súas obrigas fronte á Seguridade Social.
Dito certificado deberá achegarse se a axuda supera os 3.000 €.

3) No caso de que a empresa tribute na Facenda Foral, será necesario achegar o certificado de estar ao corrente das obrigas tributarias emitido por dita Facenda Foral.

4) En relación ao vehículo adquirido:
a) Fotocopia da Ficha Técnica (tardeta ITV) do vehículo adquirido.
b) Fotocopia do permiso de circulación do vehículo adquirido ou fotocopia do permiso de circulación provisional. Neste último caso, esixirase a subsanación e achega de fotocopia do permiso de circulación definitivo nun prazo de 10 días.
c) Fotocopia da factura de venda do vehículo.
d) Documentos xustificativos do pagamento da factura de compravenda do vehículo.

5) Se o interesado é unha empresa:
– Certificado do Rexistro Mercantil ou, no seu defecto, poder notarial.
– Fotocopia do certificado de inscrición no Censo de Empresarios, Profesionais e Retenedores.

6) Se o interesado é un profesional autónomo, certificado de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retenedores expedido pola AEAT.

7) En relación ao vehículo achatarrado (de ser o caso):
– Fotocopia do «Certificado acreditativo da baixa definitiva do vehículo», ou, no seu defecto, informe do Rexistro Xeral de Vehículos da correspondiente Xefatura Provincial de Tráfico, que acredite a baixa definitiva.
– Fotocopia do anverso e reverso, da ficha técnica (tarxeta ITV) do vehículo achatarrado, en vigor alomenos ata o 14 de marzo de 2020. En ausenza de calquera destes documentos, achegarase o informe da DGT co historial do vehículo.
– Fotocopia do recibo do IVTM do vehículo achatarrado, debidamente abonado, alomenos desde o exercicio de 2019.

8) Para persoas físicas con mobilidade reducida: certificado que emiten os órganos de valoración competentes do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) ou das CCAA.

9) Renting (ademais dos documentos anteriores que sexan de aplicación): fotocopia do contrato de renting.

Nota: Nos casos de renting ou leasing operativo, o pagamento da axuda realizarase á empresa de renting, se ben o destinatario final da axuda será o arrendatario. Este extremo deberá quedar recollido no contrato que se formalice.

DATOS QUE DEBE CONTER A FACTURA

Na factura de venda, que deberá ser de data igual ou posterior ao día 15 de xuño de 2020, e que deberá estar asinada e selada polo punto de venda, deberán constar os seguintes conceptos:

a) Prezo franco fábrica, descontos, base impoñible, IVE ou IGIC aplicable, prezo despois de impostos, e total a pagar. En calquera caso, a factura deberá recoller de xeito claro e desglosado os distintos conceptos e contías, de xeito que sexa identificable e diferenciable o vehículo do resto de conceptos ou servizos.
b) Na adquisición dun turismo ou furgoneta lixeira, os concesionarios deberán realizar un desconto obrigatorio e equivalente da mesma contía que a axuda estatal, cun límite máximo de 1.000 €, sempre e cando dita venda fora realizada en data igual ou posterior ao 7 de xullo de 2020. Dito desconto deberá reflexarse, antes de impostos (IVE e IGIC), na factura de venda emitida polo concesionario ao destinatario último da axuda, indicando de forma específica e desagregada, “Desconto aplicado por Programa RENOVE 2020”.
c) Así mesmo, tamén deberá constar a data, marca, modelo, matrícula, adquirinte, emisor da factura, NIF ou CIF e a empresa de leasing ou renting para as operacións de leasing financeiro, e renting ou leasing operativo.
En ningún caso se admitirán as autofacturas.

XUSTIFICACIÓN DE PAGAMENTO: DOCUMENTOS VÁLIDOS E RECOMENDACIÓNS

A) Consideraranse xustificantes de pagamento válidos aqueles que permitan identificar:
– Ao beneficiario (debe ficar claro que o único pagador é o destinatario final da axuda).
– Ao terceiro (punto de venda ou concesionario) que percibe as cantidades pagadas.
– A data de pagamento (data valor) ou saída efectiva dos fondos do destinatario último da
axuda, que deberá ser igual ou posterior ao 15 de xuño de 2020.
– O vehículo obxecto da subvención.
– Nos casos de renting, á empresa arrendadora.

B) Recomendacións xerais:
1) Sempre que sexa posible, utilizar a transferencia bancaria como forma de pagamento.
Facilitará os trámites necesarios para o abono da subvención.
2) Comprobar que o pagamento foi realizado polo beneficiario da axuda. O titular da conta
bancaria na que se realice o cargo da operación (a transferencia, o adeudo domiciliario, o
pagamento con tarxeta, etc.) debe ser o beneficiario da axuda. Se é unha sociedade
(limitada, anónima, civil, cooperativa, comunidade de bienes, etc.) non se aceptarán
pagamentos realizados a través de contas bancarias dalgún dos socios. No caso de que o
pagamento se realice a través ou por orde dalgún cotitular da conta, deberase acreditar
(mediante un certificado da entidade bancaria) a cotitularidade do beneficiario da axuda.
3) Se é posible, comprobar que no documento xustificativo do pagamento (resgardo da transferencia, notificación do adeudo bancario, etc.) figura o concepto polo que se realiza o pagamento. No caso de que non figure, a entidade colaboradora poderá solicitar ao provedor un certificado para comprobar o concepto polo que se realizou o pagamento, o que pode retrasar os trámites para o abono da subvención.
4) Solicitar ao banco que no concepto polo que se realiza o pagamento (en transferencias, ingresos en efectivo, adeudos, etc.) figure a expresión “Pago da factura no XXXX de data XXXX”.

C) Xustificantes máis habituais:

1) TRANSFERENCIA:
– Resgardo da entidade bancaria da orde de transferencia realizada.
– Extracto da conta coriente no que figure o cargo da transferencia realizada (selado pola
entidade bancaria).
Nota: Esta documentación pode substituírse por un certificado (ou outro título similar) emitido pola entidade bancaria que conteña:
★ O titular e o número da conta na que se carga a transferencia.
★ O ordenante da transferencia (solicitante da axuda).
★ O beneficiario (emisor da factura).
★ O concepto polo que se realiza a transferencia: No de factura.
★ O importe e a data da operación.
– Se o xustificante de pagamento agrupa varias facturas, deberá estar acompañado dunha relación das mesmas. O gasto debe marcarse polo beneficiario para a súa mellor identificación.
– Nas remesas de transferencias incluirase a primeira páxina, a páxina onde figure o gasto ou gastos seleccionados e a última páxina na que figure o importe total da transferencia que deberá coincidir co xustificante de pagamento por transferencia bancaria.

2) TARXETA:
– Ticket de compra no que figure o pagamento con tarxeta (no caso de que non figure na factura).
– Resgardo do pagamento con tarxeta.
– Extracto da conta onde figure o cargo do pagamento con tarxeta.
Nota: O extracto da conta pode substituírse por un certificado (ou outro título similar) emitido pola entidade bancaria, no que como mínimo conste o titular e o número da conta na que se carga o pagamento da tarxeta, o beneficiario, a data e o importe pagado coa tarxeta.

3) CHEQUE:
– Recibín, asinado e selado polo punto de venda, no que debe especificarse: a factura, e data da mesma, á que corresponde o pagamento; o número e a data do cheque; e debaixo da sinatura debe figurar o nome e no do NIF da persoa que asina.
– Extracto da C.C. onde figure o cargo do cheque.
– Certificado da entidade bancaria no que conste o número do cheque, o seu importe, identificación de quen o cobra e data do cobro.
Nota: Non é preciso presentar o extracto da C.C. se o certificado da entidade bancaria inclúe tamén a identificación do no de conta no que se cargou o cheque e do titular da mesma (que debe coincidir co beneficiario da axuda).

4) METÁLICO:
– Recibín, asinado e selado polo punto de venda, no que debe especificarse: a factura, e data da mesma, á que corresponde o pagamento. Ademais, debaixo da sinatura debe aparecer o nome e NIF da persoa que asina.
– Factura coa expresión “recibín en metálico”, asinada e selada polo punto de venda.
– Segundo se establece no artigo 7 da Lei 7/2012, de 29 de outubro, non poderán pagarse en efectivo as operacións cun importe igual ou superior a 2.500 €. A efectos do cálculo deste límite, sumaranse os importes de todas as operacións ou pagamentos en que se tivera fraccionado a entrega de bens.

5) FINANCIAMENTO A TRAVÉS DE ENTIDADE FINANCEIRA VINCULADA CO PUNTO DE VENDA:
– Copia do contrato de financiamento.
– Copia do cargo na conta bancaria do punto de venda onde se reflexe a correspondente anotación que acredite o abono do vehículo e onde se identifique a contía que figura na factura e o vehículo obxecto de adquisición.