Aberto o prazo de inscrición ás probas 2021 de Conselleiro de Seguridade en ADR

  • Apetamcor abre un prazo ata o venres 10 de setembro de 2021, para a tramitación da instancia que dá dereito a participar na convocatoria de probas de constatación da competencia profesional 2021 para o desempeño das funcións de Conselleiro de Seguridade.
  • Quen desexe preparar estas probas, pode inscribirse no curso gratuíto que organiza Apetamcor na modalidade presencial.
Presentación de instancias ata o 10/09/2021

Segundo establece a Resolución do 28 de xullo de 2021 da Dirección Xeral de Mobilidade, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o mércores 11 de agosto de 2021, ábrese o prazo para a tramitación das instancias que dan dereito a participar na convocatoria das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade, para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril.

Os interesados/as en tramitar a instancia que da dereito a participar nestas probas, poden dirixirse xa á asociación para efectuar dito trámite antes do 10 de setembro de 2021.

Exames: datas e características

A data das probas será determinada nunha vindeira resolucion, pola que se fixen os cadros de horarios e a relación definitiva de admitidos e excluídos. Previsión: Outubro 2021.
As probas constan de 50 preguntas tipo test e de caso práctico, e será necesario aprobar ambas partes.

Curso preparatorio gratuíto

Todas aquelas persoas que desexen presentarse ás probas coa mellor preparación posible, xa poden inscirbirse ao curso gratuíto que organiza Apetamcor na modalidade presencial para todas as especialidades.

O curso terá lugar na sede de Apetamcor O Porriño (Pontevedra), en horario de 19:00 a 22:00 horas os días: 7, 10, 14, 17, 21, 24, 28 de setembro; e 1, 5, 8 11, 15 de outubro.

Os interesados/as que desexen presentarse á convocatoria 2021 e/ou queiran inscribirse no noso curso preparatorio, poden contactar co noso Dpto. de Formación na sede que corresponda. O prazo de inscrición remata o luns 6 de setembro.