Aberto o prazo de inscrición á 2ª convocatoria de probas de competencia profesional de Xestor de Transporte
- Apetamcor abre un novo prazo do 2 ao 20 de agosto, para a tramitación da instancia que dá dereito a participar na 2ª convocatoria de probas de constatación da competencia profesional 2021 para o desempeño das funcións de Xestor de Transporte.
- Quen desexe preparar estas probas pode inscribirse no curso online que organiza Apetamcor, na modalidade de Teleformación + Clases por Aula Virtual.
Presentación de instancias ata o 20/08/21
Segundo a Resolucion do 11 de marzo de 2021 da Dirección Xeral de Mobilidade, publicada no Diario Oficinal de Galicia (DOG) o pasado 23 de marzo de 2021, este ano 2021 establecéronse dúas convocatorias, sendo a segunda e última entre o 2 de outubro de 2021 e o 19 de decembro de 2021.
Deste xeito, Apetamcor abre un novo prazo do 2 ao 20 de agosto para a tramitación das instancias que dan dereito a participar nesta segunda convocatoria.
Requisitos de acceso ás probas
Cómpre recordar que para poder presentarse ás probas, será preciso estar en posesión dalgún dos seguintes títulos de formación: Título de bacharelato ou equivalente, Título de FP de grao medio ou superior e/ou Título Universitario de Grao ou Posgrao.
Curso preparatorio para o exame
O curso impartirase na modalidade de Teleformación + Aula Virtual, e dará comezo o martes día 17 de agosto.
O alumno/a poderá acceder a todo o temario a través da Plataforma, aos test e supostos prácticos do banco de preguntas do Ministerio de Transportes, e aos exames das últimas convocatorias (actualizados a julio de 2021).
Os/as interesados/as que desexen presentarse á convocatoria 2021 e queiran inscribirse ao curso preparatorio, poden contactar co Dpto. de Formación de Apetamcor na sede que corresponda.