- Todos os/as transportistas ou condutores de empresas que non teñan a súa sede en Italia, deberán cumprimentar o formulario de Declaración Sanitaria como requisito imprescindible para poder cruzar a fronteira.
- Prorróganse as medidas adoptadas debido á crise sanitaria provocada polo COVID-19, mantendose vixentes as derogacións parciais dos tempos de condución e descanso e a eliminación das restriccións á circulación.
NOVO MODELO DE DECLARACIÓN SANITARIA
Como consecuencia da aprobación do Decreto no145, o Goberno italiano prorroga ata o 13 de abril de 2020 o conxunto de medidas adoptadas polo Ministerio de Transportes. Entre estas medidas, aprobouse un novo modelo de Declaración Sanitaria sustituíndo o que ata o de agora estaba vixente, para adaptalo aos novos prazos de mantemento das medidas exepcionais.
Recordamos que todos os/as transportistas ou condutores de empresas que non teñan a súa sede en Italia e que entren e dito país no desenvolvemento da actividade de transporte de mercadorías por estrada, deberán cumprimentar o formulario de Declaración Sanitaria como requisito imprescindible para poder entrar no país. Esta declaración, asinarase á chegada á fronteira e ante a presenza dun axente da policía. Do mesmo xeito, este documento deberá presentarse ás autoridades de control, e garante que o transporte se realiza baixo as seguintes condicións:
- Só se permitirá o acceso por necesidades de traballo concretas e comprobadas polos axentes de control.
- A duración máxima da actividade será de 72 horas, a non ser que se xustifique a súa ampliación por circustancias excepcionais, en cuxo caso poderá ampliarse en 24 horas máis.
- Cada persoa deberá presentar unha Declaración mediante a que se certifique que a entrada a Italia ten lugar exclusivamente para a realización dunha actividade concreta, e cuxa duración máxima será a nomeada anteriormente.
- Asúmese a obriga de avisar inmediatamente á autoridade sanitaria competente da Rexión na que a persoa se atope, no caso de que presenten síntomas compatibles co COVID-19 e someterse, no seu caso, a un período de cuarentena de 14 días.
- Abandonar inmediatamente o territorio italiano tras a finalización do transporte.
A continuación, achégase o novo modelo de Declaración Sanitaria de Italia a través da seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1I_1vNRGs7flFQPtetcrrEN6bEQuyJzlc/view?usp=sharing
(IMPORTANTE: Para poder editar o documento, non olvides descargalo primeiro).