• Ademais, establécense limitacións temporais de permanencia, sendo dun máximo de 120 horas se se trata dun transporte con orixe ou destino en Italia, e de 36 horas se é de tránsito.

FORMULARIO DE AUTO-DECLARACIÓN RESPONSABLE

O Goberno de italiano establece novamente esixencias e restricións especiais para as persoas que accedan ao seu territorio, especialmente se proceden de países con alta incidencia da COVID-19, como é o caso de Grecia, Malta e España. Así e todo, o transporte por estrada segue sendo un sector esecial e, por tanto, os condutores profesionais españois ou que proveñan de Esapaña só estarán sometidos a unhas esixencias formais de carácter previo á entrada no país, e non ás previstas con carácter xeral, tales como o establecemento de cuarentenas ou a realización de probas PCR.

Así pois, as autoridades italianas esixirán únicamente aos transportistas que entren no seu país, cumprimentar un Formulario de Autodeclaración Responsable. Este formulario deberá ir asinado tanto polo condutor como pola empresa e, entre outras cuestións, nel manífestase non estar afectados pola COVID-19, e que se actúa na condición de condutores profesionais no desenvolvemento dun transporte internacional. Pode descargarse o Formulario premendo aquí.

De todos os xeitos, a exención do cumprimento da proba PCR ou da realización dun período de cuarentena non será posible se, nos 14 días anteriores á entrada en Italia, o condutor/a realizou estancias ou tránsitos en algún dos seguintes países: Bulgaria, Rumanía (esíxese cuarentena previa), Armenia, Bahréin, Bangladesh, Bosnia Herzegovina, Brasil, Chile Kuwait, Macedonia do Norte, Moldavia, Omán, Panamá, Perú e República Dominicana (prohíbese a entrada en Italia).

LIMITACIÓNS TEMPORAIS DE PERMANENCIA NO PAÍS

Mediante esta declaración responsable, os condutores profesionais españois ou que proveñan de España están exentos de acreditar a proba da COVID-19 ou a realización dun período de cuarentena, se ben se establecen limitacións temporais de permanencia no seu territorio: (1) Estancia máxima de 120 horas, se se trata dun transporte con orixe ou destino en Italia, (2) e de 36 horas, se se trata únicamente dun tránsito polo territorio, tras os cales sería obrigatorio abandonar os país ou, en caso contrario, someterse a un período de cuarentena de 14 días.