A Comisión Europea obriga ao Ministerio de Transportes a limitar a flexibilización no cumprimento dos tempos de condución e descanso aos camións, de xeito que ata o 31 de maio:
- Condución Diaria: límite máximo de 11 horas diarias, debendo respectar as pausas de condución cada 4,5 horas e os descansos diarios obrigatorios que se establecen en 9 horas diarias.
- Descanso Semanal: cada 4 semanas deberá tomarse alomenos 2 descansos semanais de 45 horas, podendo por tanto tomar os outros 2 descansos reducidos de 24 horas, ben en semanas continuas ou alternas, e sen necesidade de compensar a redución.
- Límites de condución semanal e bisemanal: mantéñense en 56 h. e 90 h.
Esta resolución, publicouse este mércores 15 de abril no Boletín oficial do Estado (BOE): BOE-A-2020-4461