Medidas urxentes que esixe Apetamcor ao Goberno para frear o paro

  1. Bonificación inmediata dun mínimo de 40 céntimos, a recibir mensualmente coa devolución do gasóleo profesional. 
  2. Intervención inmediata dos prezos do carburante por parte do Goberno para impedir alzas no prezo do combustible coma as dos últimos meses.
  3. Actualización inmediata do Observatorio de Custos do Transporte. 
  4. A revisión da fórmula da indexación do prezo do combustible no prezo do porte, xa que o custo do gasóleo representa actualmente unha porcentaxe superior ó 30% na partida de gastos dunha empresa de transporte de mercadorías por estrada. Así coma o compromiso do Goberno do cumprimento desta norma.
  5. O cumprimento da Lei que prohibe o pago a máis de 60 días, conforme establece a Lei 3/2004 do 29 de decembro (Réxime Sancionador Lei 13/2021 do 1 de outubro)
  6. Seguimento da prohibición da carga e descarga por parte do condutor, conforme ao RDL 3/22 do 1 de marzo, que establece a súa entrada en vigor o 2 de setembro de 2022.
  7. Seguimento do Goberno da nova normativa dos tempos de paralización, cuxo tempo máximo de espera se reduce de 2h a 1h, conforme ao RDL 3/22 do 1 de marzo.

*En canto ao resto de medidas que reivindica o sector, deixamos constancia de que seguiremos loitando por acadalas en beneficio dos nosos socios e do sector ao que representamos.