O 2 de febreiro entran en vigor as normas comúns para a comunicación do desprazamento de condutores que realizan transporte internacional na UE
- As empresas que realicen transporte internacional deberán rexistrarse na plataforma telemática deseñada para tal fin pola ELA (Autoridade Laboral Europea en nome da Comisión), dar de alta aos condutores/as e realizar a declaración correspondente.
- Quedan excluídos de dita obriga de rexistro, os servizos de transporte bilaterais e/ou os transportistas en tránsito.
O vindeiro mércores día 2 de febreiro entrará en vigor en toda a Unión Europea a Directiva 1057/2020, que establece a obrigatoriedade de presentar unha declaración de desprazamento ás autoridades competentes da UE para os condutores/as profesionais que realicen transporte internacional por estrada.
Esta Directiva derroga todas as normas anteriores establecidas por determinados Estados membros, relativas á comunicación do desprazamento dos condutores/as que realizan transporte internacional. Así pois, establécese un marco normativo común para todos os países da UE e empresas que realizan transporte internacional no ámbito da UE.
Normas comúns para as empresas de transporte de todos os países da UE
1. É obrigatorio comunicar os desprazamentos que un condutor/a profesional realice, para os servizos de transporte internacional por estrada non bilaterais e mais nos servizos de cabotaxe.
Nota: Entenderase por un transporte internacional non bilateral, aquel que se realiza entre dous países distintos, non sendo ningún dos dous o país de residencia da empresa de transporte.
Exemplos ilustrativos:
- Transporte internacional bilateral: empresa española que realiza un porte de España a Francia (ou viceversa). Non é necesaria a comunicación do desprazamento.
Transporte internacional non bilateral: empresa española que realiza un porte de Portugal a Francia. Si é necesaria a comunicación do desprazamento.
2. Nestes supostos en que é necesario a comunicación do desprazamento, a empresa de transporte
deberá respectar o salario mínimo establecido neses países.
3. Establécese un procedemento único e común para todos os países para comunicar o desprazamento internacional, a través dunha plataforma creada ao efecto: https://www.postingdeclaration.eu/landing
4. Feita a declaración de desprazamento, deberase imprimir ou remitir dita declaración ao condutor/a a través de correo electrónico para que a poidan presentar ante as autoridades de control dos distintos Estados membros.
5. Ademais, as autoridades laborais de cada país poden requerir calquera documentación necesaria para comprobar o cumprimento da normativa (nóminas dos condutores/as, CMRs…etc), solicitudes que se comunicarán única e exclusivamente por medios electrónicos.
6. Derrógase tamén a obriga de nomear un representante no país, como esixían Francia e Holanda.
7. A comunicación do desprazamento non é necesaria para condutores autónomos (só asalariados).
Neste caso, o autónomo deberá acreditar a súa condición de autónomo. En caso de que a titularidade da licenza comunitaria coincida con el mesmo, non sería necesario maior acreditación, pero cando non sexa así (caso de autónomos societarios, autónomos vinculados ou autónomos cooperativistas) cuxa licencia comunitia non coincida co seu nome, deberán facer un certificado que acredite dita condición.
8. Tampouco é necesaria a comunicación do desprazamento en caso de atravesar en tránsito (en
vacío) dous países.
Exemplo ilustrativo: Un camión español que entra en vacío de Francia para Italia, para logo en Italia cargar un servizo de transporte con destino España. Neste caso temos un viaxe un tránsito que non precisa declaración de desprazamento e logo un transporte internacional bilateral que tampouco vai precisar a declaración de desprazamento.
Duración e presentación das declaracións de desprazamento
As declaracións de desprazamento terán unha duración máxima de seis meses, e poderanse modificar, cancelar e/ou renovar.
Datos necesarios para dar de alta aos condutores/as
- Datos da empresa: Nome, CIF, No IVE internacional, domicilio da empresa e datos do xestor de transporte.
- Datos do condutor/a: Nome e DNI (con data de expedición e caducidade), data de nacemento, nº de permiso de circulación, domicilio e datos de contacto (correo electrónico).
- Países nos que se realiza o traballo e tipo de operación: carga, descarga e/ou operacións de cabotaxe.
- Datas nas que se realizarán os desprazamentos.
- Matrícula da cabeza tractora do camión que conduce cada condutor/a: pódense asignar varias matrículas a cada condutor/a, no caso de que poidan cambiar de vehículo ao longo dos 6 meses de duración da declaración de desprazamento.