Ante as dúbidas que nestes días circulan no sector, é preciso esclarecer os prazos que o novo Paquete Europeo da Mobilidade (Rglto. 2020/1054) establece para a entrada en vigor das novas obrigas relativas ás entradas manuais nos tacógrafos:

  • No caso dos analóxicos, desde o pasado 20 de agosto deberase indicar no disco-diagrama o símbolo do país, xunto coa localidade de inicio e de fin de xornada.
  • Ademais, a partir de febreiro de 2022 consignarase tamén o paso de fronteiras entre países, tanto nos tacógrafos analóxicos como nos dixitais que non o rexistren automaticamente.

TACÓGRAFOS ANALÓXICOS: REXISTRO DO SÍMBOLO DO PAÍS NOS DISCOS

Conforme recolle o Regulamento CE 2020/1054 que modifica o Rgtto. 165/2014, ademais de todos os datos obrigatorios que se deben indicar nos discos diagrama ata a data, desde o 20 de agosto de 2020 tamén se debe indicar o símbolo do Estado membro no que dá comezo a xornada de traballo e mais no que remata, anotación que se recomenda facer a carón das localidades de inicio e fin, respectivamente.

REXISTRO DE PASO DE FRONTEIRAS ENTRE ESTADOS

Tanto no caso dos tacógrafos analóxicos como dos dixitais que non o rexistren de xeito automático, a partir de 2 de febreiro de 2022 o condutor estará obrigado a indicar o cambio de fronteira tan pronto como lle sexa posible (é dicir, ao comezo da primeira parada do condutor o máis preto posible da fronteira do novo Estado membro no que ha entrou). Antes desa data, a Comisión Europa establecerá cal será o procedemento exacto de rexistro en cada caso.

Se o vehículo vai nun tren ou transbordador, tal anotación farase na estación de tren ou porto de chegada.