Todos os/as transportistas ou condutores de empresas que non teñan a súa sede en Italia, e que teñan que entrar en dito país no desenvolvemento da súa actividade, deberán cumprimentar o formulario de “Declaración Sanitaria” como requisito imprescindible para poder entar no país.
Este novo modelo aprobado neste mes de maio, non presenta modificacións de consideracióin respecto ao que ata o de agora estaba en vigor.
NOVO MODELO DE DECLARACIÓN SANITARIA
Este documento deberá presentarse ás autoridades de control fronteirizas, e supón ademais grantir que o transporte se leva a cabo baixo a seguintes condicións:
- Só se permitirá o acceso por necesidades de traballo concretas, e comprobadas polos axentes de control.
- A duración máxima da actividade será de 72 horas, salvo que se xustifique a súa ampliación por circunstancias excepcionais, en cuxo caso poderá ampliarse en 24 horas máis (será preciso cumprimentar unha nova declaración).
- Para os casos de simple tránsito por Italia, o prazo concedido será de 24 horas.
- Cada persoa deberá presentar unha Declaración mediante a que se certifica que a entrada a Italia ten lugar exclusivamente para a realización dunha actividade concreta (cuxa duración máxima será a nomeada anteriormente).
- Asúmese a obriga de avisar inmediatamente á autoridade sanitaria competente da Rexión na que se atope no caso de sufrir síntomas compatibles co COVID-19, a través dos números de teléfono específicamente designados a tal efecto, así como a someterse a un período de cuarentena de 14 días de ser necesario.
- Abandonar inmediatamente o territorio italiano tras a finalización do transporte.
As maiores dificultades que xurdiron á hora de cumprir coas esixencias de información deste documento, foron as relativas a sinalar o «Departamento de Prevención» da empresa de saúde competente, correspondente ao lugar de entrada ao territorio italiano. A este respecto, adxuntamos información suministrada polas organizacións confederadas italianas, que pode servir de axuda > consultar documento.
IMPORTANTE: A Declaración de Saúde terá que asinarse ante a prensencia dun axente de policía de fronteira, e cumprimentarse en letras maiúsculas. Descarga aquí o novo modelo editable de Declaración Sanitaria (para poder editalo, hai que descargar o documento).