O Congreso aproba os Orzamentos do Estado de 2022 que manteñen o límite de 125.000€ para seguir no réxime de módulos

  • Así mesmo, manteranse idénticos para 2022 os importes dos módulos de anos anteriores relativos a persoal empregado e capacidade.

Como se recordará, a Lei de Medidas de Loita contra a Fraude aprobada en 2016 estableceu, entre outras cuestións, unha redución importante nos límites de facturación que para continuar acollido ao réxime fiscal de tributación por estimación obxectiva para os autónomos (coñecido comunmente como módulos). Concretamente, para o sector do transporte por estrada, o límite máximo de facturación anual ficaba de modo transitorio por 2 anos en 125.000 €, pero establecéndose que a partir do ano seguinte se aplicaría un novo límite inferior aínda máis restritivo de 75.000 €, que en esencia viría a expulsar deste sistema á práctica totalidade dos transportistas autónomos de mercadorías con vehículos de grande tonelaxe.

Así e todo, dito límite de 75.000 € nunca entrou en vigor ata hoxe, por razón das sucesivas prórrogas que se foron aprobando nestes últimos anos.

En 2022 poderá estar en módulos quen facture menos de 125.000 euros en 2021

Tal como xa se informou nunha Nota anterior, para permitir unha nova prórroga en 2022 do actual límite de facturación anual de 125.000 € para acollerse ao réxime de módulos, o Goberno decidiu introducilo na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2022, que onte xoves 25 de novembro foi aprobada no Congreso dos Deputados.

Así mesmo, o Ministerio de Facenda xa elaborou o proxecto de Orde Ministerial que establece os importes para 2022 dos módulos das diferentes actividades empresariais acollidas a dito réxime, mantendo idénticos importes aos aplicados neste ano 2021 e os anos anteriores, tanto no que se refire a persoal empregado e á capacidade dos vehículos como ao límite máximo de vehículos de transporte que poden incluírse en dito réxime.