O IGAPE apoia cunha SUBVENCIÓN DO 80% ás empresas e autónomos que neste ano
2021 introduzan ou desenvolvan todo tipo de proxectos de dixitalización que supoñan:
○ INVESTIMENTO EN EQUIPOS INFORMÁTICOS: PORTÁTILES, COMPUTADORAS,
ESCANERS, TABLETAS, DISPOSITIVOS MÓBILES E GPS, NAVEGADORES, ETC.
○ APLICACIÓNS INFORMÁTICAS: LOCALIZACIÓN/XESTIÓN DE FROTA, DESCARGA
REMOTA, CARTA DE PORTE ELECTRÓNICA (e-CMR), ETC.
➔ Que é o “Cheque Dixitalización Covid-19” 2021 do IGAPE?
É a segunda convocatoria de axudas do IGAPE (a primeira foi en 2020), publicada no DOG de 9 de
xullo de 2021, que ten por obxecto subvencionar os proxectos que promovan pequenas empresas
(autónomos ou sociedades) para a súa adaptación á nova situación socioeconómica creada a raíz da
Covid-19, mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais, como poden ser:
– Sistemas de control de presenza, de capacidade, de estado, de control de normas Covid-19, etc.
– Sistemas dixitais de catálogos, pedidos, de cartelería electrónica para mensaxes a clientes, etc.
– Sistemas de notificación en móbil.
– Automatización de procesos.
– Adaptación da presenza en internet, solucións de atención remota.
– Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
➔ Quen poderá beneficiarse deste “Cheque Dixitalización”?
Poderán beneficiarse as empresas e autónomos do sector do transporte con centro de traballo en
Galicia con menos de 50 traballadores e menos de 10 millóns de euros de facturación.
Que pasa cos que xa foron beneficiarios do Cheque Dixitalización en 2020? Tamén poderán
presentar proxectos nesta convocatoria de 2021.
➔ Gastos e investimentos que poderán ser subvencionables
Serán subvencionables nun 80% os proxectos que impliquen uns gastos e/ou investimentos
necesarios para a súa execución cun importe total mínimo subvencionable de 1.500 € e ata 10.000
€, que se realicen de modo efectivo desde 1 de outubro de 2020 ata 15 de novembro de 2021,
debidamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do pagamento.
➔ Tipoloxía dos gastos e investimentos subvencionables
a) Investimentos en equipamento informático de todo tipo (computadores, portátiles, tabletas,
móbiles, impresoras, escaners, navegadores, dispositivos GPS, etc.), necesario para o proxecto
de dixitalización, que deberá xustificarse debidamente.
b) Dispositivos de conectividade.
c) Investimentos en licenzas ou gastos de subscrición a aplicacións informáticas (software)
durante un máximo dun ano.
d) Colaboracións externas encamiñadas á adaptación e personalización de sistemas dixitais e ao
adestramento sobre a súa aplicación e uso.
➔ Crédito dispoñible, natureza da axuda e prazos de presentación
O IGAPE mobiliza para esta axuda do “Cheque Dixitalización Covid-19” de 2021, suxeita ao réxime de
mínimis, un orzamento de 4.000.000 €, en concorrencia non competitiva. É dicir, mentres exista
crédito dispoñible, resolverán favorablemente os expedientes presentados por rigorosa orde de
entrada.
O prazo de presentación rematará o 30 de setembro, sempre e cando exista crédito.
➔ Máis información e tramitación da axuda
Para completar información sobre estas axudas, esclarecer dúbidas ao respecto ou mesmo tramitar
a axuda, pode dirixirse desde xa a APETAMCOR.