Así se recolle na Resolución do Ministerio de Transportes publicada este venres no BOE, sustituíndo á aprobada o pasado 16 de marzo de 2020. Nela, establécese que os transportistas deben tomar un descanso semanal de alomenos 24 horas, sen necesidade de ter que compensalo, e mantén a posibilidade de conducir máis de 10 horas ao día sempre que se respenten as pausas e os descansos diarios.

MANTENSE A POSIBILIDADE DE SUPERAR O LÍMITE DIARIO DE HORAS DE CONDUCIÓN

Esta nova Resolución, modifica ás que foron publicadas no BOE o 14 e 17 de marzo con motivo do estado de alarma provocado polo COVID-19, mantendo a posibilidade de superar o límite diario de horas de condución establecido no Regulamento europeo 561/2006, sempre que se respeten as pausas de condución cada 4.5 horas e os descansos diarios obrigatorios.

DESCANSO SEMANAL MÍNIMO DE 24 HORAS

Así e todo, e a diferencia da regulación aprobada o pasado día 16 de marzo de 2020, o tempo mínimo de descanso semanal deberá ser de 24 horas, sen necesidade de compensalo nas semanas seguintes. Do mesmo xeito, aclárase que o condutor pode facer o seu descanso semanal no vehículo, sempre e cando estea estacionado e debidamente equipado para o descanso de cada un dos condutores.

APLICACIÓN DAS NOVAS EXCEPCIÓNS

As novas excepcións ao cumprimento dos tempos de condución e descanso dos servizos de transporte de mercadorías, aplicaranse en toda España dende o vindeiro domingo 29 de marzo, e extenderase ata o 12 de Abril inclusive.

Accede a todo o contido da Resolución a tavés da seguinte ligazón:
https://www.boe.es/boe/dias/2020/03/27/pdfs/BOE-A-2020-4129.pdf