Os condutores profesionais dedicados á recollida do lixo
deberán contar co permiso CAP

  • O Ministerio de Transportes, mediante o Real Decreto 284/2021 aprobado o pasado mes de Abril, corrixiu a exclusión do transporte de residuos domiciliarios da obriga de contar co permiso CAP, aprobada no 2019 ca reforma do ROTT.
  • Ademais, próximamente será obrigatorio que os camións do lixo estean provistos de tacógrafo, cando os percorridos a realizar superen os 50 quilómetros.
CAP obrigatorio

O transporte de residuos domiciliarios, sempre estivo incluído na relación de servizos de transporte suxeitos á formación CAP. Así e todo, con ocasión da modificación do ROTT aprobada no 2019 excluíuse de dita obriga, malia os altos índices de sinistralidade que sofren este tipo de vehículos debido aos constantes arranques e paradas que realizan na vía pública, o sobrepeso que en moitas ocasións transportan unha vez cargados, ou as horas de condución que realizan diariamente ata achegar aos vertedoiros para o depósito e tratamento dos residuos transportados.

Entre as novidades que inclúe o Real Decreto 284/2021, atópanse as relativas ás actividades de transporte que están exentas de que os seus condutores/as conten co permiso CAP. Da lista de exencións, sae a actividade do transporte de residuos domiciliarios, é dicir, o transporte do lixo. Deste xeito, o Ministerio de Transportes reintroduce novamente a obrigatoriedade de que os condutores/as profesionais dedicados á recollida do lixo conten co permiso CAP, o que afecta aproximadamente a uns 7000 traballadores/as en toda España.

Camións do lixo provistos de tacógrafo

Cada vez a distancia entre os vertedoiros e os núcleos de poboación é máis acusada, chegándose a percorrer nalgúns casos centos de quilómetros, para que os camións poidan entregar os residuos ás plantas de tratamento e eliminación.

Neste contexto, e con ocasión do novo Decreto que actualmente se atopa en tramitación, o Ministerio de Transportes esta estudando obrigar a que os camións do lixo vaian tamén previstos de tacógrafo, cando os percorridos a realizar superen os 50 quilómetros de distancia dende o centro de explotación.