Únete á Plataforma de Afectados contra o Cártel de Coches e Furgóns
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) impuxo en xullo de 2015 unha multa por importe de 171 millóns de euros á práctica totalidade de marcas que venden vehículos automóbiles en España, en concreto porque entre os anos 2006 e 2013 estiveron operando no ámbito territorial do estado español a través da posta en común entre elas de información que debía ter permanecido tan só na esfera de cada marca. Esta práctica, coñecida comunmente como “cártel” tivo como efecto a elevación artificial do prezo dos vehículos, que as primeiras estimacións cifran entre un 10 e un 15%, e por tanto o prexuízo ocasionado aos compradores corresponderíase con ese sobreprezo incrementado nos correspondentes intereses legais. No seguinte enlace pode consultarse a Resolución da CNMC que sanciona aos fabricantes de automóbiles participantes no cártel:
https://www.cnmc.es/expedientes/s048213.
Nestes últimos meses, o Tribunal Supremo está confirmando dito extremo ao rexeitar, un por un, os recursos presentados por cada unha das marcas, o cal abre a posibilidade de reclamar o dano infrinxido aos adquirintes de vehículos durante todos os anos de vixencia do cártel. Estímase que en España hai aproximadamente 10 millóns de vehículos afectados.
Que vehículos se poden reclamar?
Poderanse reclamar tanto coches, como furgóns (furgonetas) e derivados de turismos, novos ou km.0, adquiridos nun concesionario oficial en propiedade ou por leasing, entre os anos 2006 e 2013. A continuación detállanse as marcas e os períodos exactos de afectación de cártel en cada una:
- MARCA
- ALFA ROMEO
- AUDI
- BMW
- CHEVROLET
- CHRYSLER
- CITROEN
- DODGE
- FIAT
- FORD
- HONDA
- HYUNDAI
- JEEP
- KIA
- LANCIA
- LEXUS
- MAZDA
- MITSUBISHI
- MERCEDES BENZ
- NISSAN
- OPEL
- PEUGEOT
- PORSCHE
- RENAULT
- SEAT
- SKODA
- TOYOTA
- VOLKSWAGEN
- VOLVO
- PERÍODO DE ADQUISICIÓN
- Febreiro 2006 – Agosto 2013
- Setembro 2010 – Maio 2013
- Xuño 2008 – Agosto 2013
- Febreiro 2006 – Agosto 2013
- Abril 2008 – Xullo 2010
- Febreiro 2006 – Xullo 2013
- Abril 2008 – Xullo 2010
- Febreiro 2006 – Agosto 2013
- Febreiro 2006 – Xullo 2013
- Abril 2009 – Agosto 2013
- Xullo 2010 – Agosto 2013
- Abril 2008 – Xullo 2010
- Marzo 2007 – Novembro 2012
- Febreiro 2006 – Agosto 2013
- Febreiro 2006 – Agosto 2013
- Marzo 2010 – Febreiro 2012
- Marzo 2010 – Agosto 2013
- Marzo 2010 – Febreiro 2011
- Xuño 2008 – Agosto 2013
- Febreiro 2006 – Xullo 2013
- Febreiro 2006 – Xullo 2013
- Xuño 2010 – Agosto 2013
- Febreiro 2006 – Xullo 2013
- Febreiro 2006 – Xaneiro 2013
- Abril 2009 – Novembro 2012
- Febreiro 2006 – Agosto 2013
- Outubro 2008 – Maio 2013
- Marzo 2010 – Agosto 2013
Non é necesario que o vehículo siga en activo ou baixo a titularidade do reclamante. O si importante é conservar os documentos xustificativos da adquisición do vehículo e a documentación do mesmo.
Canto se pode reclamar?
La indemnización a reclamar estímase entre 10% e 15% do valor do vehículo (prezo de compra) máis os correspondentes intereses legais polos anos transcorridos.
Exemplo: a quen adquiriu un vehículo por un prezo de compra de 20.000 € o 1 de xaneiro de 2010, estímase que poderá reclamar como prexuízo un sobreprezo de alomenos 2.000 €, máis os intereses legais desde esa data, cuxo montante total ascendería a aprox. 3.500 €.
Sen ningún custo para o reclamante durante todo o procedemento
A nosa federación FENADISMER acaba de constituír xunto cun Fondo de Litigación de grande solvencia e especializado neste tipo de reclamacións, que conta coa experiencia de ter levado xa no pasado procedementos semellantes, unha Plataforma de Afectados específica para canalizar de modo colectivo as reclamacións das persoas afectadas por este cártel, grazas ao cal este Fondo de Litigación soportará a éxito a totalidade de custos derivados deste procedemento (procuradores, avogados, peritos, taxas e depósitos xudiciais, comunicacións, gastos notariais, etc.), de xeito que o reclamante non soportará ningún tipo de custo durante a totalidade do procedemento.
En concreto, en caso de éxito, o reclamente percibirá o 75% da indemnización descontados os gastos, e o Fondo quedarase co 25%.
A esta Plataforma de Afectados poderán incorporarse tanto furgóns como coches e derivados de turismos, xa sean de asociados, familiares ou terceiros.
Para que prosperen este tipo de procedementos é fundamental, ademais dunha experta defensa xurídica, un consistente informe pericial que acredite o sobrecusto soportado polos compradores, e para iso é indispensable incorporar un número importante de vehículos para que a análise que deberá desenvolver un equipo de econometras especializados contratado aos efectos, sexa o máis robusta e rigorosa posible.
Prazos
Xa que o prazo máximo para presentar a reclamación es de só un ano a contar desde que o Tribunal Supremo ditou a correspondente sentenza contra cada unha das marcas, e que as primeiras foron ditadas en abril de 2021, é importante iniciar o 1 de abril de 2022 os trámites de reclamación extraxudicial de interrupción da prescrición, procedemento que será tramitado polo Fondo de Litigación en nome de todos reclamantes.
Por conseguinte, no caso de ter adquirido algún vehículo dentro do período indicado e querer participar como reclamante nesta Plataforma de Afectados, antes do próximo 31 de marzo deberás contactar con Apetamcor facilitándonos simplemente os datos identificativos do reclamante (NIF en caso de persoa física ou razón social, CIF, e NIF do representante en caso de persoa xurídica), xunto co enderezo, teléfono e correo electrónico a efectos de comunicación. Adicionalmente, a continuación tamén deberá achegarnos os documentación que se relacionan no punto seguinte.
Que documentación se debe achegar para formalizar a reclamación?
Deberánse achegar os documentos xustificativos de:
- Identificación da persoa reclamante
- a. En caso de persoa física, NIF do reclamante.
b. En caso de persoa xurídica, escrituras, CIF, NIF do representante ou representantes legais e poder de representación.
- A adquisición do vehículo
- a. Factura de compra ou contrato de leasing, que recolla a identificación do vehículo (matrícula/no de bastidor), identificación do comprador, prezo e data de compra.
b. Ficha técnica do vehículo ou certificado de Tráfico.